Timo
O timo é un órgano linfático que está localizado na porción anterosuperior da cavidade torácica.
Limita, superiormente coa traquea, a vea xugular interna e a arteria carótide común, lateralmente cos pulmóns e inferior e posteriormente co corazón. Ao longo da vida, o timo involuciona (diminúe de tamaño) e é substituído por tecido adiposo.
Funcións do timo
editarÉ un órgano linfoide que ten por función:
- Permite a diferenciación de linfocito T a Th e Tc, con funcións moi distintas.
- Expón os linfocitos aos antíxenos do organismo, para que os recoñezcan como propios.
- Elimina os linfocitos que están madurando mal.
Seleción tímica
editarÉ unha seleción que elimina os lifocitos T anómalos e mantén os que están madurando de maneira correcta.
- Supresión de linfocitos T: aqueles linfocitos T que non interactúen ou o fagan de maneira intensa cos antíxenos propios son eliminados polos macrófagos vía apoptose.
- Permisividade de linfocitos T: os linfocitos que interactúan de xeito feble cos antíxenos propios sobreviven e continúan madurando.
Os linfocitos que saen do timo aínda non son funcionais e precisan dunha activación, que ocorre nos ganglios linfáticos.
O timo como víscera comestible
editarO timo tamén está presente nos mamíferos novos. O dalgunhas especies de gando de abasto son de uso gastronómico, baixo a denominación acastrapada de molexas.