The Hunchback of Notre Dame (filme de 1996)
filme de animación de 1996
- Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: Notre-Dame de París.
The Hunchback of Notre Dame (en galego: O Chepudo de Notre Dame)[2] é un filme de animación estadounidense dos estudios Disney dirixido por Gary Trousdale e Kirk Wise, e estreado en 1996. Baséase no libro Notre-Dame de París de Victor Hugo.
The Hunchback of Notre Dame | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hunchback of Notre Dame |
Director | Gary Trousdale Kirk Wise |
Produtor | Don Hahn |
Guión | Tab Murphy Irene Mecchi Bob Tzudiker Noni White Jonathan Roberts |
Baseado en | Notre-Dame de Paris de Victor Hugo |
Intérpretes | Tom Hulce Demi Moore Tony Jay Kevin Kline Paul Kandel Jason Alexander Charles Kimbrough Mary Wickes David Ogden Stiers |
Música | Alan Menken |
Montaxe | Ellen Keneshea |
Estudio | Walt Disney Feature Animation |
Distribuidora | Walt Disney Pictures Buena Vista Distribution |
Estrea | 1996 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, Drama |
Orzamento | $100 000 000[1] |
Recadación | $325 300 000 |
Filme seguinte | The Hunchback of Notre Dame II |
Na rede | |
http://movies.disney.com/the-hunchback-of-notre-dame | |
Sinopse
editarOculto ás olladas de todos os cidadáns de París, no alto do campanario da Catedral de Notre-Dame de París, vive Quasimodo. O seu titor, o xuíz Frollo, non lle permite baixar nunca do Campanario. En compaña de tres simpáticas gárgolas de pedra, Victor, Hugo e Laverne, Quasimodo pasa as horas observando o bulicioso ir e vir da xente. Ata que un día, decide baixar ás agochadas e coñece á bela xitana Esmeralda, coa que vivirá unha grande aventura.
Personaxes
editar- Tom Hulce como Quasimodo
- Demi Moore como Esmeralda
- Tony Jay como Xuíz Claude Frollo
- Kevin Kline como Capitán Phoebus
- Paul Kandel como Clopin
- Charles Kimbrough, Jason Alexander, e Mary Wickes como Victor, Hugo e Laverne
- David Ogden Stiers como O arcediano
Galardóns e nomeamentos
editar- 1996: Nomeada ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal comedia ou musical.
- 1996: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor banda sonora orixinal (Alan Menken).
- 1996: Nomeada ós Premios Razzie: Peor filme con recadación superior ós 100 millóns de dólares.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)