As tetrosas son monosacáridos de 4 átomos de carbono. Existen seis tetrosas, que son a eritrosa, treosa e eritrulosa, que poden aparecer cada unha nas súas formas enantiómeras D e L; na natureza as formas comúns son as D.

A eritrosa e a treosa son azucres aldosas, xa que levan o grupo aldehido no extremo da molécula, polo que son aldotetrosas. Posúen dous carbonos asimétricos, o 2 e o 3.

A eritrulosa é un azucre cetosa, xa que posúe un grupo cetona no carbono 2, polo que é unha cetotetrosa.[1][2]

Artigos principais: Eritrosa, Treosa e Eritrulosa.

O derivado da eritrosa, a eritrosa-4-fosfato intervén na ruta da pentosa fosfato, ciclo de Calvin e na ruta de síntese dos aminoácidos fenilalanina e tirosina. A eritrulosa ten un uso cosmético como produto bronceador. A treosa forma parte do raro ácido nucleico de treosa.

  1. Thisbe K. Lindhorst (2007). Wiley-VCH, ed. Essentials of Carbohydrate Chemistry and Biochemistry (1 ed ed.). ISBN 3527315284. 
  2. John F. Robyt (1997). Springer, ed. Essentials of Carbohydrate Chemistry (1 ed ed.). ISBN 0387949518. 

Véxase tamén

editar