Tamaguelos, Verín
Santa María de Tamaguelos é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 223 habitantes, deles 105 eran homes e 118 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Tamaguelos | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Verín[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°52′16″N 7°26′30″O / 41.87106516, -7.44159438 |
Poboación | 188 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá situada no suroeste do concello e limita ó norte coa parroquia de San Martiño de Mourazos, ó sur co concello de Oímbra, ó leste coa parroquia de Santa María de Mandín, e ó oeste con Rabal e co concello portugués de Chaves.
A orografía condiciona a morfoloxía do territorio e o modelo de asentamento da poboación. A depresión do Támega é o elemento físico que inflúe máis na localización e no tipo de núcleos de poboación, na localización dos cultivos e nas vías de comunicación. A rede hidrográfica está caracterizada polo curso do río Támega e por unha rede de regueiros, afluentes do Támega, que teñen a súa cabeceira nos montes orientais da parroquia e que drenan esa área da parroquia.
No modelo de asentamento de poboación, o núcleo rural primitivo se sitúa na chaira da depresión do Támega, preto do seu curso, e preto do trazado da estrada N-532. A parroquia está atravesada pola ruta da Prata do camiño de Santiago.
A súa tipoloxía responde a edificacións concentradas de tipo tradicional, construídas con materiais do contorno, con poucos espazos entre elas, de disposición irregular e sinuosa, polos que pasan estreitos viais. No trazado da estrada, que se constitúe como eixo artellador da malla da parroquia, se localiza un poboamento lineal, que corresponde a vivendas construídas nas últimas décadas.
Destaca o cultivo da vide nas terras de cultivo do contorno do núcleo e nas ribeiras do Támega.
Topónimo
editarO topónimo Tamaguelos, ao igual có da veciña parroquia de Tamagos, está relacionado co pobo dos tamaganos, mencionado no Padrón dos Pobos, á súa vez relacionado co río Támega.
Galería de imaxes
editar-
Cruceiro.
-
Porta sur da igrexa.
-
Pía bautismal.
-
Inscrición coa data de 1567 na igrexa.
-
Campanario da igrexa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Tamaguelos
editarLugares da parroquia de Tamaguelos no concello de Verín (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Verín
editar