Supercopa de Europa 2021
A Supercopa de Europa 2021 foi a 46ª edición da Supercopa da UEFA, un partido de fútbol anual organizado pola UEFA e disputado polos gañadores dos dous principais campionatos de clubs europeos, a UEFA Champions League e a UEFA Europa League. O encontro deste ano contou coa presenza do Chelsea, vencedores da Champions League 2020-21, e mais do Villarreal, campións da Europa League 2020-21. Xogouse no Windsor Park de Belfast en Irlanda do Norte o 11 de agosto de 2021.
O Windsor Park de Belfast. | |||||
Tras o tempo extra | |||||
Data | 11 de agosto de 2021 | ||||
---|---|---|---|---|---|
Estadio | Windsor Park, Belfast | ||||
Asistencia | 10.435 espectadores[1] | ||||
Árbitro | Sergei Karasev[2] | ||||
Xogador do partido | Gerard Moreno[3] | ||||
Tempo | Parcialmente nubrado 18 °C (64 °F) 59% de humidade[4] | ||||
← Supercopa Europa 2020 | Supercopa Europa 2022 → |
O Chelsea proclamouse campión tras vencer por 6–5 nos penaltis[5] despois dun empate a 1 que se mantivo durante o tempo extra, logrando a súa segunda Supercopa de Europa.[3]
Equipos participantes
editarClub | Clasificación | Participacións previas |
---|---|---|
Chelsea | Campións da UEFA Champions League 2020–21 | 4 (1998, 2012, 2013, 2019) |
Villarreal | Campións da UEFA Europa League 2020–21 | Debut |
- En letra negra - campións da edición
Selección da sede
editarO 28 de setembro de 2018 abriuse o proceso de selección da UEFA para escoller as sedes das finais da UEFA Champions League, UEFA Europa League e mais a UEFA Champions League Feminina de 2021. As asociacións tiveron ata o 26 de outubro de 2018 para manifestar o seu interese e ata o 15 de febreiro de 2019 para presentar os seus expedientes.
A UEFA anunciou o 1 de novembro de 2018 que catro asociacións expresaran o seu interese en albergar a Supercopa 2021,[6] e o 22 de febreiro de 2019 que as catro asociacións presentaran os seus expedientes dentro do prazo estabelecido.[7][8]
País | Estadio | Cidade | Capacidade |
---|---|---|---|
Belarús | Estadio Dinamo | Minsk | 22.000 |
Finlandia | Estadio Olímpico | Helsinqui | 36.000 |
Irlanda do Norte | Windsor Park | Belfast | 18.434 |
Ucraína | Estadio Metalist | Khárkiv | 40.003 |
O Windsor Park acabou sendo seleccionado polo Comité Executivo da UEFA durante a súa reunión en Ljubljana, Eslovenia o 24 de setembro de 2019.[9][10] O estadio alberga os partidos do Linfield F. C. e da selección de fútbol de Irlanda do Norte.
Árbitros
editarO 6 de agosto de 2021, a UEFA nomeou o ruso Sergei Karasev como árbitro do encontro. Karasev é árbitro da FIFA dende 2010, e arbitrou previamente na Eurocopa 2016, no Mundial de Fútbol de 2018 e na Eurocopa 2020. Estivo acompañado dos compatriotas Igor Demeshko e Maksim Gavrilin como árbitros asistentes, mentres que o belaruso Aleksei Kulbakov foi designado como cuarto árbitro. Marco Fritz de Alemaña foi escollido como o encargado do VAR, xunto co polaco Paweł Gil e o italiano Massimiliano Irrati como árbitros asistentes. Filippo Meli foi elixido como árbitro asistente de reserva.[2]
Partido
editarResumo
editarO Chelsea abriu o marcador tras 27 minutos de partido cando Hakim Ziyech conseguiu anotar na porteria un disparo dende sete metros grazas a un centro baixo desde a esquerda de Kai Havertz. Ziyech tivo que ser substituído por mor dunha mancadura no ombro xusto antes do descanso. Alberto Moreno lanzou unha volea á parte inferior do traveseiro no tempo extra da primeira parte. O Villarreal logrou empatar no minuto 73 cando Gerard Moreno marcou un gol cun remate clínico coa dereita á esquina superior esquerda da rede tras un lanzamento rápido de Boulaye Dia na dereita da área de penalti.[11] O encontro rematou indo a prórroga. O porteiro do Chelsea Édouard Mendy foi substituído no último minuto por Kepa Arrizabalaga. Kepa Arrizabalaga parou dous penaltis: o decisivo, tirado por Raúl Albiol abaixo e á dereita, permitiu ao Chelsea gañar por 6-5 na quenda de penaltis, proclamándose Supercampión de Europa.[5]
Detalles
editarChelsea | 1 - 1 (Penaltis 6-5) |
Villarreal | 11 de agosto de 2021, 21:00 (CEST) – Windsor Park, Belfast Asistencia: 10.435 espectadores[1] Árbitro: Sergei Karasev |
Ziyech 27' Havertz Azpilicueta Alonso Mount Jorginho Pulisic Rüdiger |
Informe |
73' Moreno Gerard Mandi Estupiñán Gómez Raba Foyth Albiol | |
Chelsea F.C.[4]
|
Villareal C.F.[4]
|
Xogador do partido:
Árbitros asistentes:[2]
|
Regras do partido[12]
|
Campión Chelsea F.C. 2.º título |
Estatísticas
editar
|
|
|
|
Notas
editar- ↑ Cada equipo tivo só tres oportunidades para facer substitucións durante o tempo regulamentario, cunha cuarta oportunidade no tempo extra. Estas tres ventás de substitución exclúen as substitucións feitas no descanso, antes do comezo do tempo extra e no descanso no tempo extra.
Referencias
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Full Time Report Final – Chelsea v Villarreal" (PDF). UEFA.com. UEFA. 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Sergei Karasev to referee 2021 UEFA Super Cup match". UEFA. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Chelsea 1–1 Villarreal (pens: 6–5): Kepa edges Blues to silverware". UEFA.com (UEFA). 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Tactical line-ups" (PDF). UEFA.com. UEFA. 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Chelsea 1 Villarreal 1 (6-5 on pens)". BBC Sport. 11 de agosto de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2021.
- ↑ "11 associations interested in hosting 2021 club finals". UEFA. 1 de novembro de 2018.
- ↑ "9 associations bidding to host 2021 club finals". UEFA.com. 22 de febreiro de 2019.
- ↑ "Match Press Kit" (PDF). UEFA.com. 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021.
- ↑ "2021 Super Cup to take place in Belfast". UEFA.com (UEFA). 24 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ "UEFA Executive Committee agenda for Ljubljana meeting". UEFA.com (UEFA). 17 de setembro de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2019.
- ↑ "Kepa the hero as Chelsea beat Villarreal on penalties to win Uefa Super Cup". Guardian. 11 de agosto de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2021.
- ↑ "Regulations of the UEFA Super Cup, 2021". UEFA. 2021. Consultado o 30 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fútbol |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Supercopa de Europa 2020 |
Supercopa de Europa XLVI edición |
Sucesor: Supercopa de Europa 2022 |