Super-Kamiokande
Sucesor do Kamiokande, é un detector de partículas situado no Xapón.[2]
Está situado nunha antiga mina baixo o Monte Ikeno, Xapón central, a 1000 m de profundidade. O detector está encastrado nun tanque cilíndrico de 41,4 m de altura de aceiro inoxidable. No seu interior hai 50 000 toneladas de auga ultra pura, cuns 13 000 fotosensores, burbullas douradas que detectan o resplandor das explosións de luz producida polos neutrinos que pasan ó seu través.
Notas
editar- ↑ S. Fukuda; et al. (April 2003). "The Super-Kamiokande detector". Nuclear Instruments and Methods in Physics Research A 501 (2–3): 418–462. Bibcode:2003NIMPA.501..418F. doi:10.1016/S0168-9002(03)00425-X.
- ↑ Kwon, Diana. "A new view into the history of the universe". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-12-15.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |