Star Wars Episode I: The Phantom Menace
Star Wars Episode I: The Phantom Menace, (en galego: Star Wars Episodio I: A Ameaza pantasma) é un filme de ópera espacial de 1999, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o cuarto filme da saga A guerra das galaxias e o primeiro en orde cronolóxica interna da saga.
Star Wars Episode I: The Phantom Menace | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Star Wars Episode I: The Phantom Menace |
Director | George Lucas |
Produtor | Rick McCallum George Lucas |
Guión | George Lucas |
Intérpretes | Ewan McGregor Natalie Portman Liam Neeson Jake Lloyd Ian McDiarmid |
Música | John Williams |
Fotografía | David Tattersall |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 1999 |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $115 000 000 |
Recadación | $1 027 044 677 |
Filme seguinte | Star Wars Episode II: Attack of the Clones |
Na rede | |
https://www.starwars.com/films/star-wars-episode-i-the-phantom-menace | |
Sinopse
editarSitúase temporalmente 32 anos antes da Batalla de Yavin. Narra os sucesos da Batalla de Naboo e amosa como o Senador Palpatine comeza a súa conspiración para chegar a ser Emperador de toda a galaxia. Nela podemos ver un neno, Anakin Skywalker, de nove anos de idade libre de todo rastro do Lado Escuro, que vive como escravo coa súa nai en Tatooine. Alí coñece un mestre Jedi chamado Qui-Gon Jinn, quen escapando coa raíña de Naboo, sente no mozo Skywalker unha poderosa flutuación da Forza.
Qui-Gon Jinn consegue liberar o rapaz da escravitude e viaxa con el a Coruscant, a capital da República. Alí pide autorización ó Consello Jedi para adestrar a Anakin. Inicialmente, o Consello oponse, xa que Anakin é demasiado maior para comezar, e ten medo no seu interior. Pese a esta oposición, Qui Gon decide adestrar a Anakin de todas as formas, pero o asunto queda postergado pola aparición dun Sith, Darth Maul (aprendiz de Darth Sidious), quen durante unha loita no pazo de Naboo mata a Qui-Gon, e á súa vez é derrotado por Obi-Wan Kenobi, o aprendiz de Qui Gon, que é nomeado Cabaleiro Jedi e mestre de Anakin Skywalker.
Ficha técnica
editar- Música: John Williams
- Dirección de fotografía: David Tattersall
- Deseño de produción: Gavin Bocquet
- Dirección de arte: Phil Harvey, Fred Hole, John King, Rod McLean e Ben Scott
- Edición: Ben Burtt e Paul Martin Smith
- Efectos especiais: Industrial Light & Magic
Elenco
editar- Liam Neeson (Qui-Gon Jinn).
- Ewan McGregor (Obi-Wan Kenobi).
- Natalie Portman (Raíña Amidala).
- Jake Lloyd (Anakin Skywalker).
- Ian McDiarmid (Senador Palpatine/Darth Sidious).
- Pernilla August (Shmi Skywalker).
- Oliver Ford Davies (Sio Bibble).
- Hugh Quarshie (Capitán Panaka).
- Ashmed Best (voz de Jar Jar Binks).
- Anthony Daniels (C3PO).
- Kenny Baker (R2D2).
- Frank Oz (voz de Yoda).
- Terence Stamp (Chanceler Finis Valorum).
- Andrew Secombe (voz de Watto).
- Ray Park (Darth Maul).
- Samuel L. Jackson (Mace Windu).
- Sofia Coppola (Saché).
- Keira Knightley.
- Silas Carson (Nute Gunray e Ki-Adi-Mundi).
- Lewis McLedo (voz de Sebulba).
- Gin Clarke (Adi Gallia).
- Hassani Shapi (Eeth Koth).
- Michaela Cottrel (Even Piell).
- Warwick Davis (W. Wald e Weazel, Yoda nas escenas de acción)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- StarWars.com Sitio oficial do Episodio I (en inglés)