Spa, Bélxica
Spa é un municipio de Bélxica. Atópase na Rexión Valoa da Provincia de Liexa. Está situado nun val nas montañas das Ardenas, a uns 35 km. ao sueste de Liexa, e a 45 km ao suroeste de Aquisgrán. O 1 de xaneiro de 2012, Spa tiña unha poboación total de 10.579 habitantes. Ten unha superficie de 39,85 km² e unha densidade de poboación de 270 hab./km².
Spa (fr) Spå (wa) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Rexión | Valonia | ||||
Provincia | Provincia de Liexa | ||||
Distrito | Arrondissement of Verviers (en) | ||||
Capital | Spa (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.378 (2018) (260,43 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa (valor oficial) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 39,85 km² | ||||
Bañado por | Wayai (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Spa (en) | Sophie Delettre (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4900 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 087 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2021 (44ª Sesión) | ||||
Sitio web | villedespa.be | ||||
Historia
editarA cidade é famosa polos seus mananciais desde os tempos da Roma Antiga, cando era chamada Aquae Spadanae,[1] denominación posiblemente relacionada con spargere (en latín, 'lanzar aquí e alí, espallar' (gotas).[2] A afirmación de que a palabra "spa" sexa un acrónimo da expresión latina salus per aquam ou "sanitas per aquam" ("saúde pola auga") parece carecer de fundamento.
Xa na Idade Media, no século XIV as augas de Spa gañaron fama polas súas propiedades medicinais, e o manancial era coñecido como Espa ("fonte", en lingua valoa). E aínda que outros mananciais de augas minerais curativas son famosos en todo o mundo, é a vila de Spa, a que converteuse en epónimo de calquera lugar que teña unha fonte de auga natural que posúa propiedades especiais para a saúde, como spa. Desde o século XVIII a cidade tamén conta cun casino.
En 1918, o exército alemán estableceu a súa sede principal en Spa, e foi desde aquí que os delegados dirixíronse ás liñas francesas para pactar co Mariscal Foch e pedir a paz nas consultas previas ao Armisticio, que puxo fin á primeira guerra mundial. En xullo de 1920 foi sede da Conferencia de Spa, unha reunión do Consello Supremo. Delegados alemáns foron invitados a este para discutir as reparacións de guerra.
A cidade está preto do Circuíto de Spa-Francorchamps, (en realidade hoxe en día atópase en Stavelot) que alberga o Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1. Tamén é a localización do manancial de auga mineral de Spa.
Hércules Poirot, o detective de ficción de Agatha Christie, naceu en Spa.
Spa foi sede da final da Etapa 2 do Tour de Francia 2010, o 5 de xullo.
Relacións internacionais
editarCidades irmás
editarSpa está irmandada con:
Clima
editarDatos climáticos para Spa | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 4 | 5 | 8 | 12 | 17 | 19 | 21 | 20 | 18 | 13 | 7 | 5 | 12,4 |
Media mínima en °C | −1 | −2 | 1 | 3 | 7 | 9 | 11 | 11 | 9 | 6 | 2 | −1 | 4,6 |
Precipitación media mm | 97 | 84 | 79 | 81 | 80 | 99 | 112 | 99 | 84 | 94 | 99 | 109 | 1 117 |
Fonte: Weatherbase [3] |
Notas
editar- ↑ Journal of the History of Medicine and Allied Sciences, George Rosen, Yale University Dept. of the History of Science and Medicine, Project Muse, H. Schuman, 1954
- ↑ A brief history of spa therapy, por A. van Tubergen e S. van der Linden.
- ↑ "Weatherbase: Historical Weather for Spa, Belgium". Weatherbase. 2011. Consultado o 24 de novembro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spa, Bélxica |