Serifos (grego: Σέριφος, latín: Seriphus, tamén Seriphos; antigamente Serpho ou Serphanto) é unha illa e municipio grego no mar Exeo, que se atopa no oeste das Cícladas, ao sur de Kythnos e o noroeste de Sifnos. É parte da unidade rexional de Milos. A superficie é de 75´207 km² e a poboación era 1.420 habitantes no censo de 2011. Atópase a uns 170 km ESE do Pireo.

Modelo:Xeografía políticaSerifos
Imaxe

Localización
Mapa
 37°09′N 24°30′L / 37.15, 24.5
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasMilos (pt) Traducir
ConcelloSerifos Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación364 (2011) Editar o valor en Wikidata (4,9 hab./km²)
Xeografía
Superficie74,331 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude140 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal840 05 Editar o valor en Wikidata

Sitio webserifos.gr Editar o valor en Wikidata

Na mitoloxía grega, Serifos é onde chegaron Dánae e o seu pequeno fillo Perseo logo de que o seu pai Acrisio, en resposta a un oráculo que o advertía que o seu propio neto mataríao, deixounos á deriva no mar nun cofre de madeira. Cando Perseo volveu a Serifos coa cabeza da Gorgona Medusa, converteu a Polidectes, o rei de Serifos, e aos seus criados en pedra, como castigo polo intento do rei de casar coa súa nai pola forza.

Na antigüidade a illa era proverbial polo presunto mutismo das súas ras.[1]

Historia

editar

A illa foi colonizada polos xonios de Atenas e foi das poucas illas que rexeitou someterse a Xerxes I no 480 adC. Durante o período imperial romano, Serifos foi un lugar de desterro. Logo de 1204 converteuse nunha dependencia menor dos duques venecianos do Arquipélago. A finais do século XIX Serifos experimentou un auxe económico moderado pola explotación de extensos depósitos de mineral de ferro da illa. As minas pecháronse na década de 1960, e agora Serifos depende do turismo e a agricultura a pequena escala.

A cidade moderna está na costa leste, próxima á antiga e chegou a ter máis de 2.000 habitantes. Da cidade antiga quedan algúns restos.

Os mineiros, folga de 1916 En 1916 os mineiros fixeron folga e o estado grego a petición do propietario (a familia alemá Groman) envióu á garda nacional. Os soldados dispararon aos mineiros e mataron a catro, pero o resto e as súas mulleres atacaronos e mataron a todos e proclamaron a República soviética. Unhas semanas despois forzas militares gregas recuperaron o control, pero os mineiros obtiveron mellores condicións laborais e a xornada de 8 horas.

Comunidades

editar
  • Galani
  • Kallitsos
  • Koutalas
  • Livadi Serifou
  • Mega Chorio
  • Mega Livadi
  • Panagia
  • Serifos


 

Panorama de Serifos, Leivadhion e Chora


Referencias

editar
  1. Aelian, De natura animalium 3.37

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar