Scholastic Corporation
Scholastic (ou Scholastic Inc.) é unha editorial de libros coñecida por facer materiais educativos. A empresa posúe todos os dereitos de publicación da saga Harry Potter nos Estados Unidos[1]. Scholastic Inc. é a editorial de libros infantís máis grande do mundo. Na década de 1970, Scholastic era coñecida principalmente polo seu Scholastic Book Clubs, un servizo de pedidos por correo que se ocupaba de libros infantís, e polas súas revistas dirixidas a mozos: Wow, para estudantes de preescolar e primaria, Dynamite, para preadolescentes, e Bananas, para adolescentes.
Scholastic Corporation | |
---|---|
Tipo | negocio, editora de livros, empresa de educação e empresa de capital aberto |
Data de fundación | 1920 |
Organización subsidiaria | Weston Woods Studios, Arthur A. Levine Books, Scholastic Paperbacks e 9 Story Media Group |
Sede | Scholastic Building e Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.scholastic.com/home | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Scholastic fixo medrar o seu negocio ao adquirir outras empresas, entre as que están Klütz, a compañía de produción televisiva animada Soup2Nuts e mais a editorial Grolier, que publica a Grolier Multimedia Encyclopedia e The New Book of Knowledge.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial (en inglés)