Santo

persoa recoñecida por unha tradición relixiosa como digna de veneración
(Redirección desde «Santidade»)

Os santos (do latín sanctus, -i, de sanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; en grego αγίος (hagíos); en hebreo qâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversas tradicións relixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coas divindades.

Tareixa de Ávila, pintura de Rubens. Santa Tareixa de Xesús.

Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamente teístas.

A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súa moralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso de Tareixa de Calcuta e, en xeral, polo menos até certo punto, de todos os fundadores das grandes relixións.

Catolicismo

editar

A Igrexa Católica ensina que ela non fai santo a ninguén, senón que simplemente recoñece a santidade de determinadas persoas. Na Igrexa Católica, o título de "Santo" refírese a aquela persoa que ten sido canonizada e que, xa que logo, pénsase que está no Ceo e proponse como modelo aos fieis:

828. Ao canonizar a certos fieis, isto é, ao proclamar solemnemente que eses fieis praticaran de xeito heroico as virtudes e viviran con fidelidade á graza de Deus, a Igrexa reconhece o poder do Espírito de santidade que está nela, e ampara a esperanza dos fieis, propóndolles os santos como modelos e intercesores.[1]

A veneración dos santos, en latín "cultus", é a devoción particular a un santo determinado. Este culto é un culto de honra e respecto (dulia), mais non de adoración (latria), reservada só a Deus e nunca empregado cos santos. Pódese pedir a súa intercesión ante Deus por aqueles fieis que aínda viven, do mesmo xeito que un fiel pode pedirlle a outro que pregue por el.

  1. "828. Ao canonizar certos fiéis, isto é, ao proclamar solenemente que esses fiéis praticaram heroicamente as virtudes e viveram na fidelidade à graça de Deus, a Igreja reconhece o poder do Espírito de santidade que está nela, e ampara a esperança dos fiéis, propondo-lhes os santos como modelos e intercessores.", Catecismo da Igreja Católica, (en portugués).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar