Saber y ganar
Saber y Ganar é un programa de televisión español de ámbito estatal consistente nunha serie preguntas e respostas, dirixido por Abigail Schaaff (antes estaba dirixido por Sergi Schaaff, pero morreu o tres de xaneiro do 2023) e presentado por Jordi Hurtado. Emitido ininterrompidamente dende 1997, é o concurso máis lonxevo da historia da televisión española.
Saber y ganar | |
---|---|
Na rede
| |
https://www.rtve.es/play/videos/saber-y-ganar/ | |
Características
editarEstá presentado por Jordi Hurtado e Elisenda Roca, coa colaboración de Pilar Vázquez, e emítese, en diferido, de luns a venres, ás 15:45, por La 2 de Televisión Española. Desde o 15 de outubro de 2011 tamén é emitido os sábados e domingos ás 15:30. Tamén é transmitido, tamén en diferido, pola Canle Internacional de Televisión Española, dependendo a hora de emisión segundo a zona xeográfica. Os fíos e sintonías musicais están compostos por Victor Martín.
En Saber y Ganar compiten tres concursantes que deben responder correctamente a preguntas de cultura xeral en diversas probas. Cada día, o concursante clasificado en segundo lugar debe superar unha proba máis, Calculadora mixta, para poder conservar o que gañou durante o programa diario. Se non é capaz de superar a proba completamente, levará só a metade do ganado. Os tres participantes teñen a oportunidade de conseguir un diñeiro extra contestando correctamente á penúltima proba, La parte por el todo. O concursante que consiga atinar cal é o todo e responder correctamente ás pistas que se lle van formulando, programa a programa gana os puntos. Na última proba do programa, o concursante que ten menos puntos ten a posibilidade de volver concursar no programa seguinte se supera El reto.
Considerarase magnífico aquel concursante que supere os sete mil euros, independentemente dos programas que leve concursado. Todos os magníficos da edición dese ano concursarán entre eles e o que consiga gañar volve aos programas diarios.
En 2011 o concursante Víctor Castro bateu a marca de recadación económica, con 78.820€, que até daquela ostentaba o concursante maño José Manuel Dorado, con 73.780€,[1] sendo ademais ambos os primeiros en chegar de maneira continuada aos cen programas de límite que marca o programa para un mesmo concursante.[2] A pesar dese límite, varios dos concursantes "centenarios" tiveron a oportunidade de reincorporarse ao programa e continuar concursando, e catro deles chegaron aos 200 programas. Foron Víctor Castro, Manuel Romero, Óscar Díaz e David Díaz, sendo este último o que conseguiu a maior recadación na historia do concurso, con 199 650 €.[3]
Edición do fin de semana
editarExiste unha versión do fin de de semana no que dous grupos de tres concursantes cada un formarán un equipo (equipo vermello e equipo azul)
Edición do Sábado:
- Batería de sabios: Haberá dous equipos que xogarán nesta proba cada un. Primeiro formularáselles a un equipo un lote de preguntas con dúas opcións a escoller nun total de 90 segundos. Elisenda lerá preguntas e haberá dúas opcións.
- Nombre oculto: Os concursantes de cada equipo deciden a que proba quere presentarse cada concursante.Neste caso, xogarán en grupos de dous. Jordi diralle aos concursantes o tema do que se trata e hai un grupo de letras desordenadas nun casilleiro. Teñen que descubrila antes dos 20 segundos. O primeiro que a atope deberá premer o pulsador. Se non é correcta a resposta, haberá rebote. Se ningún dos concursantes acerta a palabra, nin resta nin suma puntuación
- Deletrear la palabra: Consiste en deletrear a palabra pero coa dificultade de facelo ó revés en 20 segundos, tendo en conta tamén os tildes e as diéreses se as houbese. Se o concursante erra, Elisenda volverá a lerlle a palabra. Se pasados os 20 segundos non foi capaz de deletrear ó revés a palabra correctamente, non sumará nin restará puntuación no marcador. A puntuación é dun punto por palabra deletreada correctamente.
- Seguir la pista: Jordi Hurtado dará un total de 10 pistas no que os concursantes deberán adiviñar de que se trata. Se queren puntuar deberán, deberán de saber de que se trata. Se ningún dos concursantes acerta a palabra, nin resta nin suma puntuación
- No os paseis: Elisenda fai unha pregunta de cálculo e os concursantes responden aproximadamente ou se a saben exactamente (un total de tres preguntas. Formarase un grupo de dous concursantes por cada pregunta. Pilar dará unha pista aos concursantes. Teñen que botar os cálculos. Aquel que máis se aproxime ou dea a cifra exacta gaña. O que o faga levará os puntos. A puntuación na proba é na primeira pregunta de 2. Na segunda de 3, e na terceira de 4. Se hai empate ninguén gana os puntos. Se os dous se pasan non puntuará.
- Encuentre la palabra: Jordi Hurtado ten seis sobres ordenados do 1 ao 6 na man (tantos como concursantes hai). Cada concursante escollerá un sobre e Elisenda lerá a definición dunha palabra e os concursantes deberán de atinar antes de que se acabe o tempo (o tempo é de 60 segundos). O casilleiro estará baleiro coa dificultade de que haberá puntiños. Segundo vaia pasando o tempo, Elisenda irá recordando a definición da palabra. Segundo irá pasando o tempo aparecerán letras no casilleiro. Se conseguen atinala antes dos trinta segundos, levará dous puntos o seus equipo e se a conseguen atinar despois dos 30 segundos levará un punto o seu equipo. Se o concursante non é quen de atinala, nin suma, nin resta a puntuación ó seu equipo.
Edición do Domingo:
- Cada sabio con su tema: Nesta primeira proba Elisenda lerá seis temas. Seis temas para tres de cada equipo. Elisenda formulará tres preguntas relacionadas co tema que escolleu o concursante e o concursante terá dúas opcións a escoller. Se falla, non resta e se acerta suma un punto por cada pregunta acertada Nun tema dos seis haberá un sobre, o sobre de Pilar. Se a un dos concursantes escolle o tema e lle sae un sobre, as preguntas valerán o dobre (2 puntos por cada resposta acertada) (Son tres preguntas).
- Preguntas calientes: Son un total de dez temas, repartidos entre cinco. Un concursante escollerá un tema e dirá a quen quere que lle formulen a pregunta (a un dos dous equipo contrario) que o do equipo contrario terá que responder. Se non acerta, haberá rebote.
- Ultima llamada: Esta é a proba de clasificación. Aquí decídese que equipo irá ao dobre reto e que equipo irá ao dobre gran minuto. O equipo que ao rematar esta proba teña menos puntos acumulados (cada dez puntos é un comodín), irá ao dobre reto. Haberá un tema e Elisenda formulará preguntas obre ese tema e o concursante terá seis opcións. Por cada pregunta acertada súmaselle un punto. Se o concursante falla (é dicir escolle a opción que non é), réstaselle un punto e se o outro concursante atina, sumará ese punto e mais o do bote, co cal o seu equipo gañará un punto e mailo do bote. Aquí é onde se decide todo, que equipo irá ao dobre reto e cal irá ao dobre gran minuto (Xa que nesta proba (dependendo de se se acerta (suma puntos ao equipo) ou se falla (resta puntos ao equipo).
- Se o equipo que ten máis puntos lle sobra algún punto e pode axudar para que o outro equipo obteña un comodín extra irá doado ao equipo contrario
- Se ao equipo gañador non lle chega para doar puntos ao outro equipo, non suma ningún comodín extra
- Doble reto: Haberá un total de 14 iniciais (que son 7 iniciais dobres de palabras). Elisenda lerá unha definición de cada palabra e o concursante deberá acertar. Aquí é onde poderán usar os comodíns acumulados durante as probas do Sábado e do Domingo. O tempo para realizala proba é de 100 segundos. Acumularán 100 puntos por comodín sen usar.
- Se hai rebote e ningún dos concursantes do equipo non usa os comodíns e fallan no rebote vaise para a casa
- Se hai rebote pero xa se acabaron os comodíns e non sabe a resposta vaise para a casa
- Se non consome todos os comodíns ou consome algúns, sumaráselle ao equipo 100 puntos por cada comodín sen usar e volverá a próxima fin de semana. Se consome todos os comodíns pero consegue acertar todas as defincións antes de que remate o tempo e sen fallos, tamén volve, pero non acumularán ningún diñeiro extra na proba do dobre reto (100 puntos por comodín sen usar).
- Se conseguen rematar a proba sumarán 1000 puntos e volverán a próxima semana.
- Se non conseguen rematar a proba sumarán os puntos das respostas acertadas e non volverán a próxima semana. Nese caso levarán o total do gañado durante os fins de semana concursados. Para a próxima semana, virá un equipo novo que tentará enfrontarse ao equipo gañador do fin de semana
- Doble gran minuto: Aquí contan os comodíns. Deberán contestar as 15 preguntas sen erros (ou facendo uso dos comodíns dos que dispoñen). Se acertan as quince preguntas sen erros gañarán cincomil euros. Se usan algún comodín só gañarán 3000 €. Se teñen comodíns sen gastar e por erro din 'paso' tres veces (unha por cada concursante da proba) remataráse a proba. Gañarán o diñeiro da proba relativo ás preguntas acertadas. Se xa gastaron todos os comodíns e erran tamén se acabará a proba. Dispoén de 120 segundos para completar a proba. Se conseguen completar a proba sen usar os comodíns, gañarán 5000€
- Cada equipo poderá permanecer un total de 25 fins de semana (aínda que vaia algunha vez ao dobre reto). Se lle toca ir a esta proba (a do dobre reto) e a falla, vaise para a casa co total acumulado e no próximo programa virá outro equipo novo. Do mesmo xeito que, unha vez que un equipo supere os 25 fins de semana, xogará un programa especial, que será no fin de semana seguinte no que xogará un só equipo, aquel que estivo en total 25 fins de semana sen perder.
- Proba disto foi o equipo formado por Jose, Manel e Antonio do equipo azul[4], que conseguiron estar 25 fins de semana no programa
Premios
editar- Premios da Academia da Televisión: Mellor Programa de Variedades e Concurso (1999).
- TP de Ouro: Mellor Concurso. Nomeado en 2003, 2004, 2005 e 2010.
Notas
editar- ↑ Martínez, A. (1 de xuño de 2011). "El héroe de "Saber y ganar"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ "Víctor Castro es el noveno concursante que participa en 100 programas de 'Saber y ganar'". RTVE (en castelán). 31 de maio de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ Especial 25º aniversario (RTVE). 17 de febreiro de 2022. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ "Saber y ganar - Programa cultural (concurso) en RTVE Play" (en castelán). 2024-02-11. Consultado o 2024-08-02.