Ruth Beitia
Ruth Beitia Vila, nada en Santander o 1 de abril de 1979, é unha atleta española, especialista en salto de altura. Desde 2011 é secretaria primeira do Parlamento de Cantabria.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ruth Beitia Vila 1 de abril de 1979 (45 anos) Santander, España |
Member of the Parliament of Cantabria (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Ucam |
Altura | 1,91 m |
Peso | 72 kg |
Actividade | |
Ocupación | política, atleta |
Partido político | Partido Popular |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | salto de altura |
Participou en | |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Premios | |
Traxectoria deportiva
editarEn 1998 bateu o seu primeiro récord de España, saltando 1,89 m. Nos anos seguintes mellorou varias veces esta marca ata conseguir superar os 2,02 m, que é o actual récord de España, feito en Donostia, o 4 de agosto de 2007.
É a primeira e ata agora única muller española que superou a barreira dos dous metros, e foi a 9ª mellor marca mundial de 2003.
Os seus resultados internacionais máis importantes logrounos baixo teito. En 2005 gañou a medalla de prata nos Campionatos de Europa indoor celebrados en Madrid, onde saltou 1,99 m e só foi batida pola rusa Anna Chicherova.
En 2006 gañou o bronce nos Campionatos do Mundo Indoor de Moscova, onde saltou 1,98 e só foi batida pola rusa campioa olímpica Yelena Slesarenko e pola croata Blanka Vlašić.
Foi finalista nos Campionatos do Mundo ao aire libre de París 2003, onde ocupou a 11ª posición. Nos mundiais de Helsinqui 2005 non conseguiu pasar á final.
Foi finalista nos Campionatos de Europa de Múnic en 2002, onde ocupou a 11ª posición.
Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, aínda que non puido pasar á final.
Foi unha vez campioa de España ao aire libre (en 2003), e catro veces campioa indoor (en 2002-03-04-05)
En 2004 conseguiu saltar os 2,00 m en pista cuberta, igualando o seu mellor marca ao aire libre.
O 8 de marzo de 2009 conseguiu a medalla de prata en salto de altura, a súa terceira medalla no Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta de 2009 celebrado en Turín, cunha marca de 1,99 metros que só puido superar a alemá Ariane Friedrich (2,01).
No Campionato do Mundo de Berlín 2009, quedou en quinta posición cunha marca de 1,99.
Ruth Beitia consegue a medalla de ouro nos Campionatos de Europa de Atletismo celebrados en Helsinqui en 2012 cunha marca de 1,97 m.[1]
Nas olimpiadas de Londres 2012, consegue un cuarto posto tras superar os 2,00 e realizar tres saltos nulos na marca 2,03.
Ruth Beitia revalida a medalla de ouro nos Campionatos de Europa de Atletismo en Pista Cuberta de 2013 celebrados en Gotemburgo cunha marca de 1,99 m.[2]
Mellores marcas
editarTraxectoria política
editarEn outubro de 2008 foi designada membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Cantabria por parte de Ignacio Diego.[3] O 16 de xuño de 2011 tomou posesión como deputada e foi designada secretaria primeira do Parlamento de Cantabria para a VIII Lexislatura.[4]
Predecesor: Eva Bartolomé |
Secretaria primeira do Parlamento de Cantabria 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Notas
editar- ↑ As (28/06/2012). Ruth deslumbra con el oro en salto de altura
- ↑ Marca (03/03/2013). Ruth Beitia logra el oro en altura
- ↑ 20 minutos (4 de outubro de 2008). "La atleta Ruth Beitia formará parte del Comité Ejecutivo del PP de Cantabria". Consultado o 17 de xuño de 2011.
- ↑ El Diario Montañés (17 de xuño de 2011). "El nuevo presidente del Parlamento aboga por la transparencia y la austeridad". Consultado o 17 de xuño de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ruth Beitia na RFEA Arquivado 01 de marzo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Ruth Beitia na IAAF (en inglés)