Rift de Pripyat-Dniéper-Donets
O rift de Pripyat-Dniéper-Donets ou rift de Dniéper-Donets (tamén denominado "paleorrift" e "aulacóxeno") é un rift que discorre de leste a oeste no cartón sármata que se desenvolveu e estivo máis activo no Paleozoico. O rift esténdese desde a depresión do Caspio en Rusia ao norte de Ucraína pasando pola rexión do Donbás. O rift separa o macizo de Voronezh no norte do escudo ucraíno no sur.[1]
O paleorrift de Dniépr-Donets foi un lugar de actividade magmática no Devoniano que empezou ao final do Frasniano e culminou no Famenniano causada por unha pluma do manto. A tectónica extensional foi tamén moi activa durante o Famenniano.[2]
Suxeriuse que o paleorrift de Dniéper-Donets está relacionado coa provincia alcalina de Kola contemporánea.[3]
Notas
editar- ↑ Gorbatchev, R.; Bogdanova, S. (1993). "Frontiers in the Baltic Shield". Precambrian Research 64 (1–4): 3–21. doi:10.1016/0301-9268(93)90066-B.
- ↑ Wilson, M.; Lyashkevich, Z.M. (1996). "Magmatism and the geodynamics of rifting of the Pripyat-Dnieper-Donets rift, East European Platform". Tectonophysics 268 (1–4): 65–81. doi:10.1016/s0040-1951(96)00234-x.
- ↑ Downes, Hilary; Balaganskaya, Elena; Beard, Andrew; Liferovich, Ruslan; Demaiffe, Daniel (2005). "Petrogenetic processes in the ultramafic, alkaline and carbonatitic magmatism in the Kola Alkaline Province: a review" (PDF). Lithos 85 (1–4): 48–75. doi:10.1016/j.lithos.2005.03.020.