Regato
curso fluvial de caudal escaso
Un regato ou regacho é unha corrente natural de auga que normalmente flúe con continuidade, pero que ten escaso caudal, inferior ao dun río e mesmo ao dun regueiro, e a diferenza do arroio adoita ser permanente.
Ao igual cós ríos, poden desembocar no mar, nun lago ou noutro río, caso este último no que se convertería nun afluente deste.