Real Federación Española de Fútbol

(Redirección desde «RFEF»)

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) é o organismo reitor do fútbol en España. Foi fundada en 1913, aínda que ten o seu antecedente directo na Federación Española de Clubs de Football, constituída en 1909. Está afiliada á FIFA, UEFA, COI e COE.

Real Federación Española de Fútbol — RFEF
UEFA
Logotipo
Fundación1909
Afiliación á FIFA1913
Afiliación á UEFA1954
PresidenteLuis Rubiales
Sitio webwww.rfef.es

A 30 de xuño de 2007 tiña 18.286 clubs inscritos e 697.195 futbolistas federados, o que a converte na federación deportiva con máis licenzas de España.

Historicamente, desde a súa fundación, a súa sede estaba en Madrid. Desde 2003 trasladouse á veciña localidade de Las Rozas, onde se atopa a Cidade do Fútbol.

Federacións territoriais

editar

A RFEF está integrada por 19 federacións rexionais ou territoriais, que se encargan da organización do fútbol nas distintas comunidades autónomas de España. Algunhas destas federacións territoriais son ata máis antigas que a propia RFEF, como a Federación catalá.

Comunidade autónoma Federación
  Andalucía Federación Andaluza de Fútbol (FAF)
  Aragón Federación Aragonesa de Fútbol
  Asturias Real Federación de Fútbol del Principado de Asturias
  Illas Baleares Federació de Futbol de les Illes Balears
  Canarias Federación Canaria de Fútbol (FCF)
  Cantabria Federación Cántabra de Fútbol
  Castela e León Federación de Castilla y León de Fútbol (FCYLF)
  Castela-A Mancha Federación de Fútbol de Castilla-La Mancha
  Cataluña Federació Catalana de Futbol (FCF)
  Ceuta Federación de Fútbol de Ceuta
  Comunidade Valenciana Federación de Fútbol de la Comunidad Valenciana
  Comunidade de Madrid Federación de Fútbol de Madrid (FFM)
  Estremadura Federación Extremeña de Fútbol
  Galicia Federación Galega de Fútbol
  Melilla Federación Melillense de Fútbol
  Rexión de Murcia Federación de Fútbol de la Región de Murcia (FFRM)
  Navarra Federación Navarra de Fútbol
  País Vasco Federación Vasca de Fútbol / Euskadiko Futbol Federakundea
  A Rioxa Federación Riojana de Fútbol

Presidentes

editar

Presidentes da FECF

editar
Presidente Período
Pedro Sánchez de Neyra (Marqués de Casa Alta) 1909-1911
Ramón Paz Iglesias 1911-1911
José Ortega 1911-1911
Joan Padrós Rubio 1911-1911
Ricardo Ruiz Ferry 1911-1912
Ramón Paz Iglesias 1912-1912
Joan Padrós Rubio 1912-1913

Presidentes da RFEF

editar
Presidente Período
Francisco García 1913-1916
Gabriel Maura 1916-1920
David Ormaechea 1921-1923
Gabriel Maura 1923-1924
Julián Olave 1924-1926
Antonio Bernabéu 1926-1927
Pedro Díez de Rivera 1927-1931
Leopoldo García 1931-1936
Julián Troncoso 1939-1940
Luis Saura 1940-1941
Javier Barroso 1941-1946
Jesús Rivero 1946-1947
Armando Muñoz Calero 1947-1950
Manuel Valdés 1950-1952
Sancho Dávila 1952-1954
Juan Touzón 1954-1956
Alfonso de la Fuente Chaos 1956-1960
Benito Pico 1960-1967
José Luis Costa 1967-1970
José Luis Pérez-Paya 1970-1975
Pablo Porta 1975-1984
José Luis Roca 1984-1988
Ángel María Villar 1988-2017
Juan Luis Larrea 2017-2018
Luis Rubiales 2018-

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar