Río Sir Daria
O río Sir Daria (en casaco: Сырдария; en taxiko, Сирдарё; en uzbeko, Sirdaryo; en árabe, سيحون - Siːħuːn) é un río de Asia Central, que flúe en direccións O e NO a través de Uzbekistán, Taxiquistán e Kazakhstán até desaugar no mar de Aral Norte. É o Orexartes ou Yaxartes das fontes clásicas grecorromanas.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
País da cunca | Uzbekistán | ||||
División administrativa | Cazaquistão do Sul, Casaquistán (pt) | ||||
Final | |||||
División administrativa | Qyzylorda (pt) | ||||
Localización | North Aral Sea (en) | ||||
| |||||
Afluentes | Kosonsoy (en) , Arys River (en) , Keles River (en) , Chirchiq (en) , Angren River (en) , Kara Darya (pt) , Rio Naryn (pt) , Rio Sokh (pt) , Khodzhabakirgan (en) , Potshaata (en) , Ak-Suu River (Syr Darya) (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 2.212 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 219.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 703 m³/s | ||||
Nace no extremo leste de Uzbekistán, pola confluencia dos ríos Naryn e Kara Daria. Ten unha lonxitude de 2212 km, mais co río Naryn, alcanza os 3078 km que o sitúan entre os 30 ríos máis longos da Terra. Drena unha ampla conca de 782 669 km², aínda que actualmente apenas 200 000 km² contribúen realmente coas súas augas á corrente principal.
Historia e etimoloxía
editarOs antigos gregos coñecíano cos nomes de Jaxartes ὁ Ιαξάρτης (este nome foi transmitido logo aos romanos a través dos autores gregos) e Orexartes. Delimitaba o límite setentrional das conquistas de Alexandre o Grande, que chegou ás súas ribeiras e fundou en 329 a.C. a cidade de Alexandría Escate (literalmente, «a Alexandría máis afastada») como gornición permanente. Na realidade, soamente mudou o nome (e, posiblemente, ampliou) á cidade de Ciropolis, fundada polo rei Ciro o Grande de Persia máis de dous séculos antes. A cidade é actualmente coñecida como Khujand.
O nome actual provén do idioma persa (سیردریا, Yakhsha Arta, que significa o «Grande anacarado», unha referencia á cor da auga do río) e foi empregado dende hai moito tempo en Oriente. Porén, é máis recente na literatura occidental: antes do século XX, o río era coñecido por varias versións do seu antigo nome en grego.[1]
En escritos islámicos medievais, o río era coñecido como Sayhoun (سيحون), un dos catro ríos do Paraíso (o Amu Daria era coñecido tamén como Khayhoun, o nome doutro dos catro).
Xeografía
editarO Sir Daria, correspondente á conca endorreica do mar de Aral, ten dúas fontes na montaña de Tian Shan (en mandarín, a «montaña celeste»): o río Naryn (807 km), en Kirguizistán, e o río Kara Daria (177 km), no leste de Uzbekistán. O río percorre uns 2 212 quilómetros a través de Kazakhstán, en dirección oeste e norte-sur, ata desembocar no mar de Aral. O seu caudal anual é moi modesto, soamente uns 37 km³ por ano, a metade do Amu Daria.
No camiño rega os cultivos de algodón máis fértiles de toda Asia central e pasa polas cidades de Kokand, Khujand, Kyzylorda e Turkestan.
Un extenso sistema de canles, algúns construído no século XVIII polos kans de Kokand, discorren a través das rexións por onde flúe o río. A masiva expansión da rega durante o período soviético para regar o algodón reduciu o caudal do río e foi a causa dun desastre ecolóxico na rexión: o desecamento do mar de Aral.[2] Con millóns de persoas agora establecidas nestas áreas de algodón, non está claro como se poderá rectificar a situación.
Ao longo do seu percorrido, enche o encoro de Kayrakum, en Taxiquistán, o encoro de Chardara, en Kazakhstán, e o máis pequeno encoro de Farkhad, en Uzbekistán. No río Naryn, o seu tributario máis importante, atópase o grande encoro de Toktogul e os máis pequenos de Kambarata. No seu outro tributario, o río Kara Daria, atópase o encoro de Andiján, en Uzbekistán.
Galería de imaxes
editar-
Amencer no inverno no Sir Daria (Baikonur)
-
O río Sir Daria á súa saída do encoro de Shardara, en Kazakhstán
Notas
editar- ↑ As formas Sir-Daria e Amu-Daria recóllense xa en francés a finais do século XVIII, no artigo do «Supplément de Panckoucke» da Encyclopédie consagrado ao mar de Aral (tomo primeiro, páx. 512):
Il [le lac d'Aral] reçoit deux grands fleuves, l'ancien Jaxartes, appellé [sic] aujourd'hui Sir-Daria ; & l'ancien Oxus, nommé Amu-Daria.
- ↑ International Crisis Group. "Water Pressures in Central Asia Arquivado 20 de maio de 2016 en Wayback Machine.", CrisisGroup.org. 11 de setembro de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Sir Daria |
Ligazóns externas
editar- Britannica.com
- Livius.org: Jaxartes Arquivado 19 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
- BBC News: Syn Darya in pictures