Río Angara
O Angara (en ruso escrito Ангара) é o nome de dous ríos de Siberia, Rusia :
(ru) Ангара | |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
País da cunca | Rusia | ||||
División administrativa | Krai de Khabarovsk, Rusia e oblast de Irkutsk, Rusia | ||||
Localización | Lago Baikal | ||||
Final | |||||
División administrativa | Q4239095 | ||||
Localización | Strelka (en) | ||||
Desembocadura | río Ienissei | ||||
| |||||
Afluentes | Irkut (en) , Kitoy River (en) , Belaya (en) , Oka (en) , Iya (en) , River Kova (en) , Mura River (en) , Taseyeva River (en) , Ilim (en) , Chadobets (en) , Kamenka (en) , Irkineyeva (en) , Karabula (en) , Kata (en) , Tatarka (en) , Kuda (en) , Ushakovka (en) , Koda (en) | ||||
Conca hidrográfica | Yenisey basin (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 75 m | ||||
Dimensións | 1.779 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.039.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 4.518 m³/s | ||||
Alto Angara
editar- O Alto Angara, que nace nos montes de Nertchinsk e desemboca no lago Baikal, logo dun curso de arredor de 500 km.
Baixo Angara
editar- O Baixo Angara ou Angara propiamente dito, que é o único río que xorde do lago Baikal, en tanto que recibe as augas de 336 correntes fluviais. É o tributario máis importante do río Ienisei.
Curso
editarO Baixo Angara nace do Baikal a 455 m de altura s.n.m., cerca da localidade de Listvianka. Corre en dirección norte, bañando as cidade de Irkutsk e de Bratsk, despois oriéntase cara ao oeste tras recibir as augas do río Ilim, para se unir ao Ienisei en Strelka, a 76 m sobre o nivel do mar. A súa lonxitude total é de 1.779 km.
Explotación económica
editarO Angara está regulado por encoros hidroeléctricos que figuran entre os máis importantes do planeta. O primeiro está situado nos límites de Irkutsk (encoro de Irkutsk, 660 MW) a unha distancia de sobre 80 km do lago Baikal. Seguidamente atópanse as presas de Angarsk e de Bratsk (esta produce 4.500 MW). A "cola" creada polo encoro de Bratsk figura entre os maiores lagos artificiais do mundo (5.004 km²). Este encoro fornece, de media, 71 milleiros de kWh por ano.
Datos hidrográficos
editarA conca hidrográfica do Angara cobre unha área de 1.039.000 km², practicamente o duplo da superficie de España. As súas augas fican conxeladas desde comezos de novembro até mediados de maio. Co desxeo as súas augas aumentan de profundidade. En Tatarka, preto da confluencia co Ienisei, o caudal medio, en 1999, foi de 3.260 m3 no mes de xaneiro e de 11.900 m3 en maio.
Afluentes
editarOs principais afluentes do Angara son:
- Pola dereita:
- Pola esquerda:
- Tasseieva, 128.000 km² de conca, 1.319 km de curso, 740 m3 de caudal.
- Chuna (ou tamén dito Uda), 56.800 km², 1.203 km, 300 m3
- Biriussa, ou río Ona, 55.800 km², 1.812 km.
- Irkut, únese co Angara no corazón da cidade de Irkutsk, posúe unha conca de 15.000 km², e o seu curso é de 488 km.
- Kitoj
- Oka, desauga no encoro de Bratsk, logo de percorrer 630 km; a súa conca ocupa unha área de arredor de 34.000 km².
- Río Belaya.
- Ija, desemboca tamén no encoro de Bratsk; a súa bacía é de 18.100 km²; ten 1.810 km de lonxitude.
- Desembocan no lago Baikal, e considérase que o seu curso se continúa no Angara:
Navegabilidade
editarO Angara é apto para navegación en varios tramos illados:[1][2][3]
- Desde o lago Baikal até Irkutsk;
- De Irkutsk a Bratsk;
- No encoro de Ust-Ilimsk;
- Desde a presa de Encoro de Boguchany (Kodinsk) até a súa confluencia co Ienisei.
O tramo entre o encoro de Ust-Ilimsk e o encoro de Boguchany non é aínda navegábel debido ás fervenzas; porén, co remate da presa de Boguchany e o conseguinte recheo da súa "cola", será navegábel polo menos en parte deste sector do río.
Notas
editar- ↑ "Angara River, southeast-central Russia". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2008.
- ↑ Енисейское пароходство: Ангара - судоходство и грузоперевозки Arquivado 19 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (Yenisei Shipping Company: Angara - navigation and cargo shipping).
- ↑ ОСОБЕННОСТИ ДВИЖЕНИЯ И СТОЯНКИ СУДОВ ПО ВНУТРЕННИМ ВОДНЫМ ПУТЯМ ВОСТОЧНО-СИБИРСКОГО БАССЕЙНА Arquivado 13 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (Special navigation rules for the internal waterways of the Eastern Siberia Basin).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Angara |