Río, Rodeiro

parroquia civil do concello de Rodeiro

Santa María de Río é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 124 habitantes (69 homes e 55 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.

Río
Igrexa de Santa María de Río.
ConcelloRodeiro[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°39′26″N 7°56′10″O / 42.65726615, -7.93617757
Poboación124 hab. (2012)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Río foi capital municipal en 1876. Celébrase unha feira os 15 de cada mes que tivo unha grande importancia, polo que Río era considerado o centro comercial do concello.

Patrimonio

editar
  • Hai un castro en Casasoa.
  • Consérvanse parte dos antigos pendellos da feira.
  • Casas grandes tradicionais en Casasoa e A Devesa.
  • A igrexa de Santa María de Río é barroca con nave rectangular. Segundo a tradición, é unha das Tres Virxes Irmás xunto coa do Faro e a da Pena de Francia.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Río

editar
Lugares da parroquia de Río no concello de Rodeiro (Pontevedra)

Barbeitos | Casasoa | A Devesa | A Feira | Leboro | Mouriz | Romaces | A Veiga | Vilar

Parroquias de Rodeiro

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Rodeiro

Álceme (Santa María) | Arnego (Santiago) | Camba (San Xoán) | Carboentes (Santo Estevo) | Fafián (Santiago) | Guillar (Santa María) | Negrelos (San Cibrao) | Pedroso (San Xiao) | A Portela (San Cristovo) | Río (Santa María) | Riobó (San Miguel) | Rodeiro (San Vicente) | O Salto (Santo Estevo) | San Cristovo do Az (San Cristovo) | San Martiño de Asperelo (San Martiño) | San Paio de Senra (San Paio) | San Salvador de Camba (San Salvador) | Santa Baia de Camba (Santa Baia) | Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña) | Vilela (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar