Pulp Fiction
Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros.
Pulp Fiction | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pulp Fiction |
Director | Quentin Tarantino |
Produtor | Lawrence Bender |
Guión | Quentin Tarantino Roger Avary |
Intérpretes | John Travolta Samuel L. Jackson Uma Thurman Bruce Willis Harvey Keitel Tim Roth Amanda Plummer Maria de Medeiros Ving Rhames Eric Stoltz Rosanna Arquette Christopher Walken |
Fotografía | Andrzej Sekula |
Montaxe | Sally Menke |
Estudio | A Band Apart Jersey Films |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | Cannes: 12 de maio de 1994 14 de outubro de 1994 outono de 1998 (TVG) |
Duración | 154 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia negra |
Orzamento | US$8 500 000[2][3] |
Recadación | $213 900 000[2] |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/pulp-fiction | |
Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno.[4] Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.
Sinopse
editarO filme consta de tres historias curtas que Tarantino escribiu cando era novo; historias que se mesturan conforme avanza o filme. A trama comeza cun home e unha muller chamados Pumpkin (Tim Roth) e Honey Bunny (Amanda Plummer) nunha cafetería, que se dispoñen a atracar. Logo dos créditos, a historia segue cuns «gángsters», Vincent Vega (John Travolta) e Jules Winnfield (Samuel L. Jackson), que son enviados polo seu xefe Marsellus Wallace (Ving Rhames) ó piso duns raspiñeiros chamados Marvin (Phil LaMarr), Brett (Frank Whaley) e Roger (Burr Steers) a recuperar unha estraña maleta cuxo contido nunca é revelado. Ó chegar ó piso recuperan a maleta e matan a Roger e a Brett. Entón dá comezo á primeira historia: «Vincent Vega e a esposa de Marsellus Wallace». Nesta historia, Vincent ha de levar a cear a un asador a Mia (Uma Thurman), a esposa de Marsellus, xa que el ten que ausentarse.
A segunda historia: «O reloxo de ouro» narra a estafa de Butch (Bruce Willis) a Marsellus Wallace e a súa problemática fuxida da cidade.
Na terceira, «A situación con Boonie», estamos outra vez no piso no que Vincent e Jules matan a Roger e a Brett, onde termina a escena na que nos quedamos anteriormente. De súpeto aparece un cuarto home do baño (Alexis Arquette) que lles dispara sen chegar a darlles. O cuarto home é seguidamente asasinado por Vincent e Jules. Tras saír do edificio con Marvin, que en realidade era amigo de Jules, soben ó coche e Vincent, accidentalmente dispáralle na cabeza a Marvin, polo que teñen que esconder o coche e arranxalo. Escóndeno en casa dun amigo de Jules, Jimmie (Quentin Tarantino) e coa axuda do Señor Lobo (Harvey Keitel) arránxano. Logo pasamos ó epílogo no cal Vincent e Jules están na cafetería na que estaban Pumpkin e Honey Bunny ó principio.
Personaxes
editar- John Travolta como Vincent Vega
- Samuel L. Jackson como Jules Winnfield
- Uma Thurman como Mia Wallace
- Harvey Keitel como Winston Wolfe
- Tim Roth como Ringo/"Pumpkin"
- Amanda Plummer como Yolanda/"Honey Bunny"
- Maria de Medeiros como Fabienne
- Ving Rhames como Marsellus Wallace
- Eric Stoltz como Lance
- Rosanna Arquette como Jody
- Christopher Walken como Capitán Koons
- Bruce Willis como Butch Coolidge
Premios
editar- En 1994: 7 nomeamentos ós premios Oscar con só un premio gañado:
1. Mellor película
2. Mellor director (Quentin Tarantino)
3. Mellor actor (John Travolta)
4. Mellor actor secundario (Samuel L. Jackson)
5. Mellor actriz secundaria (Uma Thurman)
6. Mellor guión orixinal: "GAÑADORA"
7. Mellor montaxe
- 1994: Foi Palma de Ouro no festival de Cannes
Banda sonora
editar- 1. Misirlou - Dick Dale & His Del-Tones
- 2. Royale With Cheese - John Travolta
- 3. Jungle Boogie - Kool & the Gang
- 4. Let's Stay Together - Al Green
- 5. Bustin' Surfboards - The Tornadoes
- 6. Lonesome Town - Ricky Nelson
- 7. Son Of A Preacher Man - Dusty Springfield
- 8. Bullwinkle Part II - The Centurians
- 9. You Never Can Tell - Chuck Berry
- 10. Girl, You'll Be A Woman Soon - Urge Overkill
- 11. If Love Is A Red Dress (Hang Me In Rags) - Maria McKee
- 12. Comanche - The Revels
- 13. Flowers On The Wall - The Statler Brothers
- 14. Personality Goes A Long Way - John Travolta
- 15. Surf Rider - The Lively Ones
- 16. Ezekiel 25:17 - Samuel L. Jackson
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "PULP FICTION". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Pulp Fiction (1994)". Consultado o 13 de maio de 2012.
- ↑ Waxman (2005), p. 67; Biskind (2004), p. 170; Polan (2000), p. 69; Dawson (1995), pp. 147–148.
- ↑ Charyn, Jerome (2009). Quentin Tarantino (en francés). ISBN 2-20725709-6.
- ↑ YouTube (ed.). "Filadelfia na TVG". Consultado o 11 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pulp Fiction |
Ligazóns externas
editar- Pulp Fiction na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)