Praia de Samil
A praia de Samil é un areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de Navia, que conta cunha lonxitude aproximada tres quilómetros. Limita coa Praia de Tombo do Gato (Alcabre) polo norte e coa desembocadura do río Lagares polo sur.
Praia de Samil | |
---|---|
![]() | |
42°12′33″N 8°46′35″O / 42.209302777778, -8.7763333333333 | |
![]() | |
Características xerais | |
Lonxitude | 3 km |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Urbana |
Paseo marítimo | ![]() |
Características específicas | |
Tipo de area | Fina |
Condicións do baño | ![]() |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Estrada |
Sinalización do acceso | ![]() |
O areal está dividido en dúas partes diferenciadas ao norte e ao sur por un grupo de rochas que quedan unidas á terra na baixamar formando un tombo. Estas rochas reciben o nome das Queimadas. A metade norte recibe o nome de praia do Laxón, praia da Laxe ou praia Azul. A metade sur recibe o nome de praia de Samil por estar situada en fronte do barrio do mesmo nome. O extremo sur do areal, na desembocadura do río Lagares, recibe o nome da Foz, A Fox ou Cabo da Vella.
Trátase dunha das principais praias da cidade debido ó seu atractivo turístico e ó seu complexo recreativo, no que destacan cafetarías, piscinas, canchas de baloncesto, circuíto de coches teledirixidos, paseo, zonas verdes, aparcadoiros, pista de patinaxe, half-pipe etc.
Na praia de Samil celébrase anualmente o Festival Aéreo de Vigo.
Arte e cultura
editarNa rotonda na que se cruzan as Avenidas de Samil e de Europa atópase o monumento d'O rapto de Europa de Juan Oliveira Viéitez. Na mesma avenida de Samil atópase tamén o Verbum - Casa das palabras.
Galería de imaxes
editar-
Solpor na praia.
-
Samil.
-
Festival aéreo 2004.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Samil |