Ponte de hidróxeno

(Redirección desde «Pontes de hidróxeno»)

A ponte de hidróxeno ou o enlace de hidróxeno é un enlace dipolo-dipolo máis forte cás forzas de Van der Waals, pero xeralmente moito máis feble (ata 20 veces) ca un enlace covalente típico, aínda que en certos casos poden ser bastante fortes (por exemplo, F-H...:F, cunha entalpía en vapor de 161,5 kJ/mol). Pódese considerar coma un enlace intermedio entre o enlace covalente e unha simple atracción electrostática molecular.

Enlaces de hidróxeno entre moléculas de auga.

Prodúcese cando un átomo de hidróxeno se atopa entre dous átomos moi electronegativos, como poden ser o flúor, nitróxeno ou osíxeno. Establécese entre un átomo moi electronegativo e un hidróxeno á súa vez unido covalentemente a outro átomo tamén moi electronegativo. O átomo de hidróxeno ten unha carga parcial positiva, polo que atrae á densidade electrónica dun átomo próximo no espazo.

Canto máis electronegativo sexa o átomo unido ó hidróxeno máis forte será a ponte de hidróxeno, e tamén canto maior número destes enlaces teña unha molécula máis forte será a unión coas moléculas veciñas.

As substancias que teñen este tipo de enlace presentan un aumento do seu punto de ebulición por riba do valor que tería se este non existise.

Diferentes dadores de hidróxeno para formar enlaces de hidróxeno son:

Diferentes dadores de electróns para formar enlaces de hidróxeno son:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar