Pilar Llop

xuíza e política española

Pilar Llop Cuenca, nada en Madrid o 3 de agosto de 1973, é unha xuíza e política española, especialista en violencia de xénero, deputada da Asemblea de Madrid dende 2015, senadora por designación autonómica dende xullo de 2019 e presidenta da Cámara Alta dende decembro do mesmo ano.[1]

Modelo:BiografíaExcelentísima Señora Editar o valor en Wikidata
Pilar Llop

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Pilar Llop Cuenca Editar o valor en Wikidata
3 de agosto de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Xustiza de España
12 de xullo de 2021 – 20 de novembro de 2023
← Juan Carlos Campo MorenoFélix Bolaños (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: segundo goberno de Pedro Sánchez
Deputada na Asemblea de Madrid

8 de xuño de 2021 –

Presidenta do Senado de España
3 de decembro de 2019 – 12 de xullo de 2021
← Manuel Cruz RodríguezAndrés Gil García (pt) Traducir →
Senadora de España
11 de xullo de 2019 – 29 de maio de 2023
Nomeado por: Asemblea de Madrid
Deputada na Asemblea de Madrid
11 de xuño de 2019 –

Government Delegate for Gender Violence (en) Traducir
24 de xullo de 2018 – 13 de abril de 2019
Deputada na Asemblea de Madrid
9 de xuño de 2015 – 13 de xullo de 2018 – Ricardo Vicente Peña Mari →

Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Alacant Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxuíza, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de decembro de 2019tomada de posse de Alberto Fernández (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: LlopPilar Twitter: pilar_llop Instagram: pilar_llop Youtube: UCMpmCmWIfQJ06P65v4L_gWA Dialnet: 3337682 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

De familia humilde, o seu pai, nado en Barcelona, era taxista[2] e a súa nai, nada en Madrid de orixe asturiana, era perruqueira.[3][4] Licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén é especialista en tradución xurídica inglés-español pola Universidade de Alacant. Foi estudante Erasmus durante o último ano da súa licenciatura na Universidade de Viena e fala inglés, alemán e francés, ademais de saber italiano e búlgaro.[4]

Traxectoria na Maxistratura

editar

Formouse en Barcelona na Escola Xudicial e cando ingresou no poder xudicial por oposición, en 1999, un dos seus primeiros destinos foi o xulgado número 1 de Mataró; momento no que tiña a súa residencia en Xirona.[2]

Dende 2001, estivo destinada a diferentes lugares como xuíza instrutora, posto no que entrou en contacto coa trata e a violencia contra as mulleres. En 2004, foi ascendida a maxistrada e comezou a tomar contacto coa perspectiva de xénero e a formarse, asistindo voluntariamente a cursos organizados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre violencia de xénero e igualdade, segundo explicou nalgunhas entrevistas ao dar o paso á política.

En 2009, accedeu a un xulgado especializado en violencia de xénero. De 2011 a 2015 foi avogada no Gabinete Técnico do Consello Xeral do Poder Xudicial, con responsabilidades como a xefa da Sección do Observatorio da Violencia Doméstica e de Xénero,[2] Secretaria da Comisión de Igualdade, Secretaria do Foro de Xustiza e Discapacidade e Secretario do Comité de Dirección do Consello Xeral do Poder Xudicial. O seu derradeiro destino xudicial antes de se incorporar á política, foi o xulgado de violencia de xénero número 5 de Madrid.[4][5]

Proxectos internacionais

editar

Entre 2006 e 2007, Llop compaxinou a súa carreira como maxistrada coa de consultora internacional e traballou para a Comisión Europea na Dirección Xeral de Cooperación Internacional (AIDCO) de Bruxelas, encargada de xustiza, dereitos humanos e asuntos das ONG; así como en diversos proxectos internacionais en países en preadhesión á Unión Europea. De xullo de 2009 a decembro de 2010 traballou en Bulgaria como asesora residente no proxecto de irmandamento para fortalecer o sistema xudicial búlgaro e, en 2017, estivo na República Dominicana dentro dun proxecto da Unión Europea para apoiar e potenciar o Ministerio da Muller dominicano.[6]

Traxectoria política

editar

En 2015, anunciou o seu paso á política como candidata a deputada autonómica no número 8 da lista do PSOE para as eleccións á Asemblea de Madrid de 2015[7][8] na candidatura de Ángel Gabilondo.[2][3] Foi a número 8 da lista e obtivo un escano. Na 10ª lexislatura da Asemblea de Madrid, foi o portavoz da Comisión de Xustiza e da Comisión de Estatuto de Autonomía, Regulamento e Estatuto Adxunto, ademais de membro do Consello Permanente.

En abril de 2016, anunciouse que sería o número dous da lista do PSOE por Madrid, que sería encabezada por Pedro Sánchez, en substitución de Meritxell Batet, que pasaría á cabeza da lista por Barcelona, [9]mais, finalmente o posto foi ocupado por Margarita Robles.[10] En xullo de 2018, foi nomeada delegada do goberno para a violencia de xénero en substitución de María José Ordoñez.[2][5][11][12] Deixou o seu posto en abril de 2019, tras anunciar a súa intención de presentarse ás eleccións á Asemblea de Madrid en 2019, sendo elixida en maio. En xullo, a Asemblea de Madrid nomeouna senadora rexional.[13] Converteuse en senadora o 11 de xullo de 2019 e o 31 de xullo o seu grupo parlamentario asignouna ás comisións de Igualdade, Xustiza, Xerais das Comunidades Autónomas e Defensa,[11] sendo elixida presidenta desta última.[14] Despois da repetición electoral das elección xerais de novembro de 2019, Llop foi elixida presidenta da Cámara Alta por 130 votos a favor.[15]

Posturas políticas

editar

É independente, non está afiliada ao PSOE, por ser incompatible co seu exercicio como xuíza[15] e está afiliada á asociación xudicial Jueces para la Democracia.[4]

Defende a necesidade de que os xuíces e fiscais que manexan procesos de violencia de xénero teñan formación especializada en perspectiva de xénero; de xeito, que cando os casos cheguen a eles se afasten dos estereotipos.[6] Está a favor de reformar e adaptar os delitos contra a liberdade sexual á complexidade xurídica. Respecto da sentenza contra La Manada, sinalou que o medo é un elemento esencial para considerar que hai intimidación: "o Tribunal Supremo di que para que haxa intimidación a ameaza debe estar de palabra ou de feito. O medo é un elemento esencial. E o medo vicia calquera consentimento. Sempre".[16]

Vida persoal

editar

Está casada e ten unha filla.

  1. Ruiz Alonso, Germán (3/12/2019). "Pilar Llop, presidenta del Senado por mayoría simple". El País (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Merino, Juan Carlos (6 de decembro de 2019). "Pilar Llop, la presidenta que fue feliz en Catalunya". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (4 de decembro de 2019). "'Piluqui' Llop, la hija de la peluquera en Bellas Vistas: de ayudar en el local a presidenta del Senado". elespanol.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Redacción (6 de xullo de 2015 -actualización 11 de outubro de 2018-). "Pilar Llop: «Estoy en política para que la igualdad entre hombres y mujeres sea una realidad»". confilegal.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Álvarez, Pilar (13 de xullo de 2018). "Pilar Llop, nueva delegada del Gobierno para la Violencia de Género". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Polanco, Deyanira (16 de novembro de 2017). "Jueza española: los casos de violencia contra la mujer deben ser conocidos por tribunales especializados". listindiario.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  7. "JUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DE MADRID. Elecciones a la Asamblea de Madrid 2015. PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS. FASE PROCLAMACIÓN" (PDF). Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid (en castelán) (99): 37. 28 DE ABRIL DE 2015. Archived from the original on 11 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  8. Treceño, Jaime (24 de marzo de 2015). "Un perfil técnico como número 2 de Ángel Gabilondo". elmundo.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  9. Redacción (30 de abril de 2016). "La jueza Pilar Llop será la número dos de Sánchez en el sitio de Batet". elnacional.cat (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  10. Romero, Juanma (13 de maio de 2016). "Sánchez 'revoluciona' las listas de Madrid y Barcelona para taponar la sangría de votos". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  11. 11,0 11,1 Redacción (2 de decembro de 2019). "Así es Pilar Llop, la nueva presidenta del Senado: jueza políglota, feminista, casada y madre". eleconomista.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  12. Castro, Irene (12 de xullo de 2018). "Pilar Llop: una jueza bregada contra el maltrato a las mujeres será la delegada del Gobierno para la violencia de género". eldiario.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  13. EFE (10 de xullo de 2019). "La Asamblea de Madrid designa a los siete senadores de la Comunidad". eleconomista.es (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  14. Alberola, Miquel (31de xullo de 2019). "El PSOE copa la presidencia de 28 de las 29 comisiones del Senado". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  15. 15,0 15,1 Ruiz Alonso, Germán (3 de decembro de 2019). "Pilar Llop, presidenta del Senado por mayoría simple". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  16. Redacción (27 de abril de 2018). "Pilar Llop Cuenca: "El miedo es un elemento esencial para considerar que hay intimidación. Y el temor vicia cualquier consentimiento. Siempre"". ondacero.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Manuel Cruz
 
Presidencia do Senado

2019 - 2021
Sucesor:
Ander Gil García