Philippe Halsman
Philippe Halsman, nado en Riga o 2 de maio de 1906 e finado en Nova York o 25 de xuño de 1979, foi un fotógrafo letón-estadounidense moi coñecido polos seus retratos de personaxes célebres.
Nome orixinal | (lv) Filips Halsmans |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de maio de 1906 Riga, Letonia |
Morte | 25 de xuño de 1979 (73 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Residencia | Riga Livonia |
Educación | Universidade Técnica de Dresden (pt) |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, fotógrafo de moda |
Membro de | Magnum Photos (1951–) |
Xénero artístico | Retrato |
Influencias | |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarNado en Riga no seo dunha familia xudía. Estudou enxeñaría en Dresde. En 1928 foi acusado publicamente de parricidio; o seu pai que tiña por nome Morduch caeu e morreu durante unha excursión campestre nos alpes austríacos, con todo a xente dos arredores non dubidou en acusalo de cometer asasinato, influídas pola súa orixe xudía e do antisemitismo existente e a falta doutras probas. Sería levado a xuízo e condenado a catro anos de cárcere e de non ser pola presión dun destacado grupo de intelectuais, entre os que se atopaban Sigmund Freud, Thomas Mann e Albert Einstein, pasase entre reixas máis tempo dos dous anos que de seu estivo. Despois instalouse en París onde traballou como fotógrafo de moda independente e colaborou na revista Vogue. En 1940, comezada a segunda guerra mundial e ante a inminente chegada do exército alemán marchou aos Estados Unidos con axuda de Albert Einstein, onde alcanzaría fama mundial, chegando a realizar máis de cen portadas para a revista Life.[1] En 1947 obtivo a nacionalidade estadounidense.[2]
Notas
editar- ↑ Jonathan Jones (21 de xuño de 2009). "Culture. Alfred Hitchcock, Philippe Halsman (1963)" (en inglés). The Guardian. Consultado o 4 de decembro de 2009.
- ↑ Sougez, M.L. (2003). Diccionario de historia de la fotografía. Madrid: Ediciones Cátedra. p. 219. ISBN 84-376-2038-4.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Philippe Halsman |