Tiroperoxidase

(Redirección desde «Peroxidase da tiroide»)

A tiroperoxidase (TPO), tamén chamada peroxidase da tiroide ou ioduro peroxidase, é un encima que se expresa principalmente na tiroide, onde se segrega no coloide da tiroide. A tiroperoxidase oxida ións ioduro para formar átomos de iodo para a súa adición a residuos do aminoácido tirosina da tiroglobulina para a produción das hormonas tiroides tiroxina (T4) e triiodotironina (T3).[1] En humanos, a tiroperoxidase está codificada no xene TPO do cromosoma 2.[2]

ioduro peroxidase
Monómero da ioduro peroxidase de Zobellia galactanivorans
Identificadores
Número EC 1.11.1.8
Número CAS 9031-28-1
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO
peroxidase da tiroide
Identificadores
Símbolo TPO
Entrez 7173
HUGO 12015
OMIM

606765

RefSeq NM_175722
UniProt P07202
Outros datos
Número EC 1.11.1.8
Locus Cr. 2 {{{Brazo}}}{{{Banda}}}pter-p24

Reacción catalizada

editar

  + I + H+ + H2O2  + 2 H2O

O ioduro oxídase a radical iodo, o cal reacciona inmediatamente coa tirosina, formando unha molécula de 3-iodotirosina (ou 3-iod-L-tirosina).

  + I + H+ + H2O2  + 2 H2O

O segundo átomo de iodo engádese de maneira similar ao intermediario da reacción 3-iodotirosina.

Función

editar
 
Síntese das hormonas tiroides, na que a tiroperoxidase realiza o paso da oxidación que se ve na parte do centro esquerda da imaxe.[3]

O iodo inorgánico entra no corpo principalmene como ioduro, I. Despois de entrar na célula folicular tiroide do folículo tiroide, por medio do simportador de Na+/I (NIS) do seu lado basolateral, o ioduro é trasladado a través da membrana apical da célula ao coloide da tiroide por medio da pendrina, despois do cal a tiroperoxidase oxida o ioduro a iodo atómico (I) ou iodinio (I+). A "organificación do iodo," a incorporación do iodo na tiroglobulina para a produción de hormonas tiroides, é non específico; é dicir, non hai un intermediario unido á tiroperoxidase, senón que a iodación ocorre por medio de especies reactivas do iodo liberadas da tiroperoxidase (TPO).[4] As reaccións químicas catalizadas pola tiroperoxidase ocorren na superficie externa da membrana apical e están mediadas polo peróxido de hidróxeno.

Estimulación e inhibición

editar

A tiroperoxidase é estimulada pola hormona estimulante da tiroide (TSH), que regula á alza a expresión xénica.

A tiroperoxidase é inhibida por fármacos tioamidas, como o propiltiouracilo e o metimazol.[5] En ratas de laboratorio cunha captación insuficiente de iodo, a xenisteína demostrou que inhibe a tiroperoxidase.[6]

Importancia clínica

editar

A tiroperoxidase é un epítopo frecuente de autoanticorpos en enfermidades autoinmunes tiroides, e ditos anticorpos denomínanse anticorpos anti-TPO. Isto está xeralmente asociado coa tiroidite de Hashimoto. Así, pode utilizarse o título de anticorpos para avaliar a actividade da doenza en pacientes que desenvolveron tales anticorpos.[7][8]

Uso diagnóstico

editar

En inmunohistoquímica diagnóstica a expresión da tiroperoxidase pérdese no carcinoma de tiroide papilar.[9]

  1. Ruf J, Carayon P (xaneiro de 2006). "Structural and functional aspects of thyroid peroxidase". Archives of Biochemistry and Biophysics 445 (2): 269–77. PMID 16098474. doi:10.1016/j.abb.2005.06.023. 
  2. Kimura S, Kotani T, McBride OW, Umeki K, Hirai K, Nakayama T, Ohtaki S (agosto de 1987). "Human thyroid peroxidase: complete cDNA and protein sequence, chromosome mapping, and identification of two alternately spliced mRNAs". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 84 (16): 5555–9. Bibcode:1987PNAS...84.5555K. PMC 298901. PMID 3475693. doi:10.1073/pnas.84.16.5555. 
  3. Walter F., PhD. Boron (2003). Medical Physiology: A Cellular And Molecular Approaoch. Elsevier/Saunders. p. 1300. ISBN 1-4160-2328-3. 
  4. Kessler J, Obinger C, Eales G (xullo de 2008). "Factors influencing the study of peroxidase-generated iodine species and implications for thyroglobulin synthesis". Thyroid 18 (7): 769–74. PMID 18631006. doi:10.1089/thy.2007.0310. 
  5. Nagasaka A, Hidaka H (xullo 1976). "Effect of antithyroid agents 6-propyl-2-thiouracil and 1-methyl-2-mercaptoimidazole on human thyroid iodine peroxidase". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 43 (1): 152–8. PMID 947933. doi:10.1210/jcem-43-1-152. 
  6. Doerge DR, Sheehan DM (xaneiro de 2002). "Goitrogenic and estrogenic activity of soy isoflavones". Environmental Health Perspectives. 110 Suppl 3 (Suppl 3): 349–53. PMC 1241182. PMID 12060828. doi:10.1289/ehp.02110s3349. 
  7. McLachlan SM, Rapoport B (2000). "Autoimmune response to the thyroid in humans: thyroid peroxidase--the common autoantigenic denominator". International Reviews of Immunology 19 (6): 587–618. PMID 11129117. doi:10.3109/08830180009088514. 
  8. Chardès T, Chapal N, Bresson D, Bès C, Giudicelli V, Lefranc MP, Péraldi-Roux S (xuño de 2002). "The human anti-thyroid peroxidase autoantibody repertoire in Graves' and Hashimoto's autoimmune thyroid diseases". Immunogenetics 54 (3): 141–57. PMID 12073143. doi:10.1007/s00251-002-0453-9. 
  9. Tanaka T, Umeki K, Yamamoto I, Sugiyama S, Noguchi S, Ohtaki S (maio 1996). "Immunohistochemical loss of thyroid peroxidase in papillary thyroid carcinoma: strong suppression of peroxidase gene expression". The Journal of Pathology 179 (1): 89–94. PMID 8691351. doi:10.1002/(SICI)1096-9896(199605)179:1<89::AID-PATH546>3.0.CO;2-R. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar