Pepe Iglesias (humorista)
José Ángel Iglesias Sánchez, coñecido artisticamente como Pepe Iglesias «El Zorro», nado en Buenos Aires o 11 de febreiro de 1915, e finado en Santiago de Chile o 4 de marzo de 1991, foi un humorista e actor arxentino que, aínda que desenvolveu gran parte da súa carreira no seu país natal, tamén estivo vivindo temporalmente en Chile e en España.
Pepe Iglesias «El Zorro» | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Ángel Iglesias Sánchez 11 de febreiro de 1915 Buenos Aires |
Morte | 4 de marzo de 1991 Santiago de Chile |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio da Chacarita |
Outros nomes | Pepe Iglesias «El Zorro» |
País de nacionalidade | arxentina e española |
Actividade | |
Ocupación | humorista e actor |
Período de actividade | 1937 - |
Premios | |
Premio Ondas (1954) | |
Lista
|
Traxectoria
editarFillo de inmigrantes galegos (a súa nai era de Escairón, O Saviñao, e o seu pai de Monforte de Lemos),[1] tras desenvolver a súa carreira artística na súa Arxentina natal, onde interveu nunha decena de filmes e colaborou en programas de radio, instalouse en España o 2 de maio de 1952 e pouco despois debutou ante o público español a través dunha emisora de radio, Radio Madrid, da Cadena SER.
Un ano máis tarde debutou no cinema español coa película ¡Che, qué loco!, de Ramón Torrado, xunto a Pepe Isbert e Emma Penella.[2]
Seguidamente fichouno a Cadena SER e converteuse nunha das estrelas radiofónicas máis cotizadas de España. Dotado dunha asombrosa capacidade para interpretar con diferentes voces, atribuídas a diferentes personaxes, como "Don Tapadera" e o "Finado Fernández", que foi un dos máis populares, todos eles convivindo nun imaxinario "Hotel la Sola Cama". Así mesmo, executaba melodías cun asubío extraordinariamente brillante.
As súas coletillas pronto pasaron á linguaxe cotiá, e era habitual escoitar frases que fixo famosas como Seré bereve, en lugar de Seré breve; está loca la pelota, ¡Ay, que risibilidad me dan las cosas risibles! ou del Finado Fernández nunca más se supo. Como famosa tamén se fixo a sintonía coa que comezaban os seus programas: Yo soy “El Zorro”, zorro, zorrito, para mayores y pequeñitos; yo soy El Zorro, señoras, señores, de mil amores, voy a empezar, seguida de unha das súas características melodías asubiadas.
Coa chegada da televisión a España, probou sorte no novo medio (Gran Parada). Porén, a súa forma de facer rir, eminentemente lingüística, non superou a adaptación aos novos tempos.
Regresou entón á Arxentina en 1964 e, pouco a pouco, foi espazando os seus espectáculos até a súa retirada definitiva. Neste período logrou recuperar a súa gran popularidade en ciclos televisivos como "Zorrorisas", de 1964 a 1970, no Canal 13 de Buenos Aires, e despois no Canal 9.
Regresou a España a finais de 1970 e volveu ao seu país natal en 1980 con "Peperrisas" (1980) e "Service de Humor" (1981-82), ambos os ciclos emitidos polo Canal 13 de Buenos Aires, onde Iglesias realizaba sketchs exitosos como "Los Polonios" (xunto a Manuel Emilio Cativa, tucumano que o acompañou en todos os programas de TV até 1982) e "La Señora Porhora". Por radio fixo "Supershow" (1980), os sábados por Radio Belgrano de Buenos Aires, onde facía personaxes recordados como "Comandante Caruso". Recórdanse as frases dos seus personaxes, tales como "No se lo diga, Polonio, que adivine", "Docena mais um: Treece", "Hecho por Délo" e "¿Cómo se llama éste programa (sic)?". A súa última actuación na radio foi en 1988, no programa "Dándonos la mano", de Radio América.
En 1945 foi premiado como "Mellor actor cómico" pola da Asociación de Críticos de Cine Arxentinos, polo filme Mi novia es un fantasma (1944).[3]
Iglesias, baixo o alcume de El Zorro, pasou a ser un dos cómicos por excelencia da España dos anos 1950.
Faleceu en Santiago de Chile o 4 de marzo de 1991, a causa dun ataque ao corazón.[4]
Filmografía
editar- Pobre pero honrado (1955)
- Como yo no hay dos (1952)
- ¡Che, qué loco! (1953)
- Los sobrinos del zorro (1952)
- Como yo no hay dos (1952)
- El heroico Bonifacio (1951)
- Si usted no puede, yo sí (1951)
- El zorro pierde el pelo (1950)
- Piantadino (1950)
- Avivato (1949)
- Una noche en el Ta Ba Rin (1949)
- Recuerdos de un ángel (1948)
- El barco sale a las diez (1948)
- Un ángel sin pantalones (1947)
- El tercer huésped (1946)
- Mi novia es un fantasma (1944)
- Llegó la niña Ramona (1943)
- 24 horas en libertad (1938)
- El mono relojero (1938)
- Dos amigos y un amor (1937)
Bandas sonoras
- La próxima estación (1982)
- Las tres coquetonas (1960)
- La nave de los monstruos (1960)
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Restelli, G. B. (2008): "Pepe Iglesias "El Zorro": un gran ausente en la memoria colectiva" La Opinión On Line.
- Páxina sobre o artista.
- Vídeo sobre a súa actividade na radio como homenaxe polo Centenario do seu nacemiento, 1ª parte, por Graciela Beatriz Restelli (biógrafa do actor).
- Vídeo sobre a súa actividade na radio como homenaxe polo Centenario do seu nacemiento, 2ª parte, por Graciela Beatriz Restelli (biógrafa do actor).