Paso a nivel
Un paso a nivel é a intersección dunha vía de tránsito estradeiro non diferenciada en altimetría cunha vía de ferrocarril, o cal esixe que deba estar debidamente sinalizado para que non se produzan accidentes.
Protección ou supresión do paso a nivel
editarNos pasos a nivel que presenten un AxT elevado (produto do número de circulación de automóbiles e o número de trens que cruzan o paso a nivel). Poderase protexer cun sistema automático con ou sen barreira. Se o AxT é moi elevado, o paso a nivel tipicamente será suprimido.
Sistemas automáticos de protección
editar- SBA: Semi Barreiras Automáticas
- SBE: Semi Barreiras Enclavadas
- SLA: Sinalización Luminosa e Acústica
Sinalización
editarTanto na estrada como na vía, o paso a nivel está sinalizado para advertir da súa presenza.
Na estrada
editarPaso a nivel sen barreiras | Paso a nivel con barreiras |
Indica perigo pola proximidade dun paso a nivel desprotexido, sen barreiras. | Indica perigo pola proximidade dun paso a nivel protexido (de non ser por unha incidencia técnica), mediante barreiras automáticas e sinalización luminosa e acústica. |
Na vía
editarPaso a nivel protexido |
Indica ao maquinista que o paso ao nivel ao que se está aproximando está protexido e completamente funcional, e debe seguir a marcha. |
Pasos a nivel en Galicia
editarEn Galicia, como no resto de España, estanse a suprimir a maior parte dos pasos a nivel existentes por parte do Ministerio de Fomento. En xuño de 2014 había en Galicia 176 pasos a nivel, dos que 108 tiñan en fase de obra, proxecto ou estudo a súa supresión.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Paso a nivel |