Partido Aragonés
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
O Partido Aragonés (PAR) é unha formación política fundada o 27 de decembro de 1977, a súa presenza e actividade foi moi importante na política aragonesa durante case trinta anos, dos cales doce formou parte do Goberno de Aragón. No ano 2005, Aragón gobernouse grazas a un acordo PSOE - PAR, que outorgaba ao Partido Aragonés a vicepresidencia e catro consellerías (Presidencia, Industria, Medio Ambiente e Servizos Sociais).
Partido Aragonés | |
---|---|
Partido político de Aragón | |
Mocidades | Rolde Choben-Jóvenes del PAR |
Filiación internacional | Non ten |
Historia | |
Fundación | 27 de xaneiro de 1977 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Rexionalismo aragonés |
Outros datos | |
Sede | Coso, 87 - 50001 Zaragoza |
Na rede | |
Páxina oficial | |
Historia
editarEn sucesivos congresos, este partido definiuse como nacionalista moderado e de centro, e denominouse Partido Aragonés Regionalista ata 1990. O seu obxectivo, segundo sinalan os seus estatutos, é "lograr cantos fins promovan e permitan a defensa e o arriquecemento socioeconómico e cultural de Aragón".
Institucionalmente, está presente (2005) no Goberno de Aragón, as Cortes de Aragón con 8 deputados, o Senado e 907 concelleiros.
O PAR respecta o marco constitucional español, aínda que reclama o recoñecemento os dereitos históricos e unha autonomía plena (cun sistema de financiamento suficiente) para Aragón.
As cuestións de política hidráulica foron claves na acción do PAR, a través do seu rexeitamento ao transvasamento do río Ebro incluído en sucesivos plans hidrolóxicos españois e a súa reivindicación das obras para o aproveitamento da auga en Aragón.
A súa organización xuvenil é o Rolde Choben - Jóvenes del PAR
Figuras relevantes do PAR foron o seu primeiro presidente, Hipólito Gómez de las Roces, que presidiu o Goberno de Aragón entre 1987 e 1991; o seu secretario xeral en distintas épocas e presidente do Goberno de Aragón de 1991 a 1993, Emilio Eiroa; o seu presidente en diversos períodos e actual senador, José María Mur Bernad; ou entre outros, o seu actual (2005) presidente desde o 2000 e vicepresidente do Goberno de Aragón, José Ángel Biel Rivera.
Evolución do voto
editarNas primeiras eleccións de 1977 como partido precedente estaba a CAIC, a partir da que se creou ao ano seguinte o PAR. Nas eleccións de 1982 o PAR presentouse en coalición con AP-PDP, e en 1996 e 2011 co PP.
provincia Huesca |
tados |
provincia Teruel |
tados |
provincia Zaragoza |
tados |
totais Aragón |
tados | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | - | - | - | - | - | - | 38.042 | 8,96 | 1 | 38.092 | 6,07 | 1 |
1982 | Presentouse coa agrupación de partidos Coalición Popular, obtendo 2 deputados | |||||||||||
1986 | 11.786 | 9,76 | - | 8.405 | 9,65 | - | 52.813 | 11,61 | 1 | 73.004 | 11,02 | 1 |
1989 | 14.260 | 12,15 | - | 8.894 | 10,56 | - | 48.579 | 10,61 | 1 | 71.733 | 10,88 | 1 |
1993 | 23.784 | 17,84 | - | 12.070 | 13,40 | - | 108.690 | 20,23 | 1 | 144.544 | 19,00 | 1 |
1996 | Presentou candidaturas en listas conxuntas con Partido Popular, obtendo 1 deputado e 3 senadores | |||||||||||
2000 | 8.207 | 6,54 | - | 8.294 | 9,84 | - | 22.382 | 4,36 | - | 38.883 | 5,38 | - |
2004 | 6.782 | 5,04 | - | 7.000 | 7,96 | - | 22.758 | 4,08 | - | 36.540 | 4,68 | - |
2008 | 6.640 | 5,08 | - | 7.421 | 8,67 | - | 25.844 | 4,75 | - | 39.905 | 5,25 | - |
2011 | Presentou candidaturas en listas conxuntas co Partido Popular. Non obtivo ningún deputado pero si 3 senadores. |
Eleccións autonómicas
editarprovincia Huesca |
tados |
provincia Teruel |
tados |
provincia Zaragoza |
tados |
totais Aragón |
tados | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1983 | 15.010 | 13,00 | 2 | 18.530 | 23,16 | 4 | 89.954 | 22,05 | 7 | 123.494 | 20,46 | 13 |
1987 | 29.376 | 25,29 | 5 | 14.973 | 17,61 | 3 | 135.383 | 30,93 | 11 | 179.732 | 28,13 | 19 |
1991 | 29.318 | 25,36 | 5 | 16.367 | 19,70 | 3 | 105.692 | 25,56 | 9 | 151.377 | 24,73 | 17 |
1995 | 26.957 | 21,52 | 4 | 15.818 | 18,30 | 3 | 100.497 | 20,58 | 7 | 143.272 | 20,47 | 14 |
1999 | 19.131 | 16,13 | 3 | 14.752 | 17,87 | 3 | 52.363 | 11,66 | 4 | 86.246 | 13,26 | 10 |
2003 | 15.497 | 12,29 | 2 | 15.662 | 18,21 | 3 | 48.511 | 9,69 | 3 | 79.670 | 11,18 | 8 |
2007 | 15.519 | 12,82 | 2 | 16.016 | 19,26 | 3 | 49.327 | 10,66 | 4 | 80.862 | 12,12 | 9 |
2011 | 14.583 | 12,60 | 2 | 13.255 | 17,01 | 3 | 34.310 | 7,41 | 2 | 62.148 | 9,47 | 7 |
Eleccións municipais
editarprovincia Huesca |
lleiros |
provincia Teruel |
lleiros |
provincia Zaragoza |
lleiros |
total Aragón |
lleiros | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | ||||||||||||
1983 | ||||||||||||
1987 | 19.203 | 16,82 | 174 | 8.257 | 10,21 | 201 | 101.910 | 23,12 | 521 | 129.370 | 20,35 | 896 |
1991 | 24.708 | 21,35 | 276 | 15.989 | 19,34 | 312 | 87.328 | 21,09 | 527 | 128.025 | 20,90 | 1.115 |
1995 | 25.322 | 20,17 | 253 | 16.956 | 19,62 | 334 | 74.169 | 15,17 | 463 | 116.447 | 16,61 | 1.050 |
1999 | 18.601 | 15,51 | 225 | 18.129 | 21,76 | 332 | 50.763 | 11,24 | 368 | 87.493 | 13,36 | 925 |
2003 | 18.137 | 14,28 | 226 | 17.742 | 20,48 | 333 | 49.978 | 9,99 | 348 | 85.857 | 12,03 | 907 |
2007 | 18.445 | 15,06 | 240 | 18.570 | 22,02 | 326 | 57.072 | 12,24 | 416 | 94.087 | 13,98 | 982 |
2011 | 19.316 | 15,91 | 260 | 16.057 | 19,74 | 310 | 42.169 | 8,76 | 422 | 77.542 | 11,33 | 992 |
Eleccións ao Parlamento Europeo
editarprovincia Huesca |
provincia Teruel |
provincia Zaragoza |
totais Aragón |
|||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1987 | 15.890 | 13,68 | 9.790 | 11,57 | 65.431 | 14,94 | 91.111 | 14,26 |
1989 | Presentou candidaturas en listas conxuntas co Partido Popular | |||||||
1994 a | 8.464 | 8,42 | 5.276 | 7,50 | 30.392 | 7,54 | 44.132 | 7,69 |
1999 b | 12.150 | 10,22 | 10.540 | 12,78 | 37.496 | 8,37 | 60.186 | 9,27 |
2004c | 2.274 | 2,66 | 2.871 | 4,85 | 9.012 | 2,68 | 14.157 | 2,94 |
2009 | Non se presentou |
a Dentro da Coalición Nacionalista.
b Dentro da Coalición Europea.
c Dentro da Coalición Europea.