Parque Nacional do Jaú

parque nacional do Brasil

O Parque Nacional do Jaú é un parque nacional que se atopa no estado do Amazonas, no Brasil. É unha das meirandes reservas forestais de América do Sur, e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Modelo:Xeografía físicaParque Nacional do Jaú
(es) Parque nacional del Jaú Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoParque nacional Editar o valor en Wikidata
Parte deJaú National Park, Amanã Sustainable Development Reserve and Demonstration Area of Mamirauá Sustainable Development Reserve (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEstado do Amazonas, Brasil e Novo Airão, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°10′13″S 62°37′02″O / -2.1702777777778, -62.617222222222
Composto por
Características
Altitude57 m Editar o valor en Wikidata
Superficie23.779 km²
Selva amazónica: 2.367.340 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 53 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1980 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorInstituto Chico Mendes de Conservação da Biodiversidade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización

editar

O nome "Jaú" provén dun dos meirandes peixes do Brasil, o Zungaro zungaro ou jaú, polo cal recibe o nome do río principal do parque.[1] O parque está no bioma amazónico na ecorrexión do bosque húmido de Japurá-Solimões-Negro.[2] Abrangue unha área de 2 367 333 hectáreas. Foi creado polo decreto 85.200, o 24 de setembro de 1980. É administrado polo Instituto Chico Mendes de Conservación da Biodiversidade.[3] Abrangue os concellos de Barcelos, Codajás e Novo Airão no estado de Amazonas.[4]

O parque é unha das maiores áreas protexidas do Brasil. Atópase a 220 km ao noroeste de Manaus e contén toda a conca do río Jaú entre o río Unini ao norte e o río Carabinani ao sur. Os tres ríos flúen cara ao leste para entrar na marxe dereita do Río Negro.[1] A parte leste do parque linda coa reserva extractivista do río Unini ao norte, que discorre pola beira oposta do río Unini. O parque limita ao noroeste coa Reserva de Desenvolvemento Sostible de Amanã. Ao leste, preto do río Negro, o parque linda co Parque Estatal Río Negro Sector Norte ao sur.[5]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar