Panterinos
Panterinos Pantherinae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Leoa (Panthera leo) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos panterinos (Pantherinae) é unha subfamilia de mamíferos carnívoros da familia dos félidos. Inclúe seis[1] ou sete[2] especies clasificadas en dous[3] ou tres[1] xéneros distintos aínda que isto se atopa en revisión mediante estudos xenéticos[4].
Características
editarOs panterinos diferéncianse do resto dos félidos pola ausencia de osificación total na garganta, característica que lles permite ruxir. Así mesmo, adoitan ter un tamaño moito maior que o do resto de félidos e unha musculatura e forza máis desenvolvidas, sendo na súa maioría os depredadores dominantes nos seus hábitats. Salvo o león (Panthera leo), todos son animais predominantemente solitarios.
Evolución
editarAs orixes evolutivas dos panterinos encóntrase no continente asiático, onde apareceron no Plioceno. Os primeiros panterinos, eran felinos de tamaño e aspectos similares aos dun gato doméstico, provisto de cola longa, patas curtas e hábitos tanto arborícolas como terrestres. O seu corpo está recuberto por diferentes clases de manchas que recordan ás da pantera nebulosa (Neofelis nebulosa), o irbis ou pantera das neves (Panthera uncia) e o leopardo (Panthera pardus). Crese que os primeiros panterinos, que tamén vivían en hábitats boscosos, posuían unha pelaxe densamente manchada co fin de camuflarse e capturar máis facilmente as súas presas. Estas manchas perdéronse hoxe en día no león (aínda que sobreviven nos seus cachorros, difuminándose máis tarde) e o tigre (Panthera tigris), onde se uniron para orixinar as características raias deste animal.
De acordo con evidencias xenéticas e moleculares, crese que tras a liña do gato xaspeado se independizaron de forma separada as da pantera nebulosa (froito dunha adaptación máis marcada á vida arborícola) e o leopardo das neves (debido á colonización das montañas de Asia Central). O xénero Panthera, representado orixinalmente por animais de talle similar ao dun leopardo, orixinouse a finais do Plioceno en Asia oriental e pouco despois colonizou África. No primeiro lugar evolucionaron os tigres, mentres que no segundo orixináronse posteriormente os antepasados dos leóns e leopardos. Estes dous últimos animais expandíronse a comezos do Plistoceno por Eurasia e colonizaron en distintos momentos América a través da ponte de terra que unía periodicamente Siberia e Alasca. Foi no primeiro destes procesos migratorios, hai pouco máis dun millón de anos, cando se independizou a liña evolutiva do xaguar (Panthera onca) da do seu máis próximo parente vivo, o leopardo, pois os xaguares están máis estreitamente relacionados coa extinta Panthera atrox. Todas as especies actuais de panterinos están ameazadas en maior ou menor medida pola actividade humana e desapareceron de varias áreas onde antano eran abundantes.
Xéneros e especies
editar- Xénero Panthera
- Panthera leo - león
- Panthera onca - xaguar
- Panthera pardus - leopardo
- Panthera tigris - tigre
- Panthera uncia - leopardo das neves
- Xénero Neofelis
- Neofelis nebulosa - pantera nebulosa
- Neofelis diardi - pantera nebulosa de Borneo
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005.Subfamilia Pantherinae Arquivado 20 de marzo de 2013 en Wayback Machine. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press, 2,142 pp
- ↑ A. Wilting, V. Buckley-Beason, H. Feldhaar, J. Gadau, S. O'Brien and K. Linsenmair. Clouded leopard phylogeny revisited: support for species recognition and population division between Borneo and Sumatra [1]
- ↑ Johnson, W. E., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murphy, W. J., Antunes, A., Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene radiation of modern Felidae: A genetic assessment.". Science 311 (5757): 73–77. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277.
- ↑ Yu, L. y Zhang, Y. P. (2005) «Phylogenetic studies of pantherine cats (Felidae) based on multiple genes, with novel application of nuclear beta fibrinogen intron 7 to carnivores». Molecular Phylogenetetic Evolution, 35(2): 483–495
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panterinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Panterinos |
Bibliografía
editar- Seidensticker, John & Susan Lumpkin (1991): Great Cats. Majestic Creatures of the Wild. Emmaus, Pensilvania, USA: Rodale Books, Inc. ISBN 978-1-875137-90-9.
- Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.