Países Cataláns
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística[1] de predominio catalán.[2] Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.[3]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua catalá | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cat | ||||
En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da Península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.[2]
Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.
Política
editarOs Países Cataláns non están recoñecidos coma unha entidade política. De feito, atópanse fragmentados en diversas rexións con distintos graos de autonomía política, pertencentes a España, Francia, Italia e Andorra. Hai unha corrente política a cal propón a independencia dos Países Cataláns e a creación dun Estado catalán (ver Independentismo catalán). Algúns independentistas propoñen o uso do termo Cataluña para facer referencia á totalidade dos Países Cataláns, mais esta proposta non se adoptou dun xeito oficial.[Cómpre referencia]
Outras correntes políticas catalanistas usan o termo "Países Cataláns" coma sinónimo de "territorios de fala catalá", sen consideran que teñen que formar unha entidade política independente.[Cómpre referencia]
E hai outras correntes políticas que rexeitan directamente o uso do termo Países Cataláns e calquera proposta de unidade política destes territorios, considerándoos unha imposición de Cataluña sobre os outros territorios. Nos casos máis extremos, hai sectores que negan até a unidade da lingua catalá.[Cómpre referencia]
Límites
editarO territorio continental limita ao norte con Occitania, ao sur con Murcia, ao leste co mar Mediterráneo, e ao oeste con Aragón e Castela-A Mancha. As Illas Baleares e a cidade do Alguer, situada na illa de Sardeña tamén forman parte dos Países Cataláns.[Cómpre referencia]
División política e administrativa
editarTradicional e administrativamente, os Países Cataláns inclúen os seguintes territorios:
- En España:
- Cataluña (Catalunya)
- Comunidade Valenciana (País Valencià)
- Illas Baleares (Illes Balears)
- Franxa de Aragón (Franja de Ponent).
- El Carche (el Carxe), en Murcia, onde se falou catalán logo dunha grande emigración de traballadores valencianos entre os séculos XVIII e XIX.
- Principado de Andorra (Principat d'Andorra)
- En Francia:
- Cataluña do Norte (Catalunya Nord)
- En Italia:
Lingua
editarA lingua propia dos Países Cataláns é o catalán que, informalmente, en moitos lugares ten o nome popular do xentilicio (como rosellonés, tortosí etc.); só no País Valenciano o xentilicio ten recoñecemento oficial: valenciano. Exceptúanse as bisbarras occidentais e meridionais do País Valenciano, onde se fala o castelán, e o Val de Arán e a Fenolleda, onde se fala o occitano. A lingua catalá é a única lingua oficial na Andorra, é oficial (de novo, logo dun longo paréntese, dende 1978) na Cataluña, xunto ao castelán; e tamén é oficial conxuntamente co castelán no País Valenciano e nas Illas Baleares. Non o é, en cambio, nos outros territorios.[Cómpre referencia]
Hai que ter en conta que para definir aos Países Cataláns non se teñen en conta os procesos de castelanización que se deron dende o século XIX até hoxe. Pola contra, acéptanse coma castelás outras zonas que antes eran de lingua catalá, como é o exemplo de Orihuela.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ "Seixanta-dues personalitats del Maestrat reivindiquen el terme ‘Països Catalans’". Vilaweb. 30 de xullo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "els Països Catalans". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ "català". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Países Cataláns |