Pîhtokahanapiwiyin

Pîhtokahanapiwiyin (en cree: ᐱᑎᐧᑲᐦᐊᓇᐱᐧᐃᔨᓐ), nado c. 1842 e finado o 4 de xullo de 1886, tamén coñecido como Poundmaker, foi un xefe cree das chairas coñecido por ser un pacificador e defensor do seu pobo, a Nación Cree Poundmaker. O seu nome fai referencia á súa habilidade especial para conducir os bistontes aos recintos para a súa caza.

Modelo:BiografíaPîhtokahanapiwiyin

(1885) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1842 Editar o valor en Wikidata
Battleford (América do Norte Britânica) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1886 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Gleichen, Canadá (pt) Traducir, preto do lugar Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepulmonary hemorrhage (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoCree Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXefe tribal Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Cree_Peace_Chief-1 Find a Grave: 10452 Editar o valor en Wikidata

En 1885, durante a rebelión métis, a súa banda foi atacada por tropas canadenses e produciuse unha batalla. Despois de que a rebelión foi reprimida, rendeuse e foi condenado por traizón e encarcerado. Morreu de enfermidade pouco despois da súa liberación. En maio de 2019, o Primeiro Ministro canadense Justin Trudeau exonerou o xefe e pediu desculpas á Nación Cree Poundmaker.[1]

Legado

editar

A Nación Cree Poundmaker persiste até o presente, preto de Cut Knife. O seu neto John Tootoosis, líder cree, e o seu bisneto, o actor Gordon Tootoosis, viviron na reserva.

Pîhtokahanapiwiyin aparece como líder cree no videoxogo Civilization VI, cuxa representación provocou as críticas dos membros da Nación Cree Poundmaker.[2] O videoxogo refírese a el polo seu nome anglicizado, Poundmaker.

  1. "Chief Poundmaker, wrongly convicted of treason-felony in 1885, to be exonerated by Trudeau". CBC. 7 de maio de 2019. Consultado o 8 de maio de 2019. Trudeau's statement of exoneration is being co-developed with Poundmaker Cree Nation. 
  2. Shield, David. "Poundmaker Cree Nation not happy with chief's portrayal in Civilization video game". CBC News Canada. CBC News Canada. Consultado o 6 de abril de 2021.