Otto Brunfels (ou Otho Braunfels, ou Othon Brunfels), nado preto de Maguncia (Alemaña) contra 1488 e finado en Berna (Suíza) o 25 de novembro de 1534, foi un teólogo, humanista, médico e botánico alemán. Carl von Linné considerábao como un dos pais da botánica, se ben non tivo moito en conta os botánicos antigos.

Modelo:BiografíaOtto Brunfels

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1488 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Maguncia (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte1534 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Berna (Antiga Confederación Suíza) Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Maguncia
Universidade de Basilea Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, farmacéutico, profesor universitario, entomólogo, teólogo, botánico, médico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Cartuxos Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBrunfels Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1790170
Otto Brunfels aos 46 ans.

Traxectoria

editar

Despois de estudar teoloxía e filosofía na universidade de Maguncia, Brunfels ingresou nun mosteiro Cartuxo en Maguncia, desprazándose máis tarde a outro en Königshofen, cerca de Estrasburgo. En Estrasburgo estableceu contacto, en 1519), cun veterano avogado, Nikolaus Gerbel, que dirixiu a atención de Brunfels cara aos poderes curativos das plantas, polo que impulsou as súas posteriores investigacións botánicas.

Despois da súa conversión ao protestantismo (foi apoiado por Franz von Sickingen e Ulrich von Hutten), ante a insistencia do Deán de Frankfurt Johann Indagine, Brunfels se converteu en ministro en Steinau an der Straße (1521) e despois en Núremberg e Rin. Máis tarde serviu durante oito anos como cabeza do colexio Carmelita en Estrasburgo.

Na lista das máis importantes obras heréticas publicadas por orde do Emperador Carlos V pola universidade de Lovaina, en 1550, Brunfels foi colocado en primeiro lugar.

Nun dos seus traballos defendeu a Ulrich von Hutten contra Erasmo de Rotterdam e publicou os manuscritos heréticos de Jan Hus. O libro Catalogi virorum illustrium, escrito por Brunfel en 1527 está considerado como o primeiro libro na historia da Igrexa evanxélica.

Despois de que o seu amigo Ulrich von Hutten falecera en 1523, as súas ideas relixiosas centráronse nunha controversia con Martiño Lutero e Ulrich Zwingli.

Logo comezou os estudos de medicina na universidade de Basilea 1530. En 1532 empezou a traballar como físico (médico) en Berna, onde permaneceu até o final da súa vida.

Despois dos seus numerosos traballos teolóxicos, Brunfels publicou tratados de pedagoxía, lingua árabe, farmacia e botánica.

 
Helloborus niger
tirado do Herbarum vivae eicones de Brunfels.
  • Othonis Brvnfelsii Pro Vlricho Hutteno defuncto ad Erasmi Roter. Spongiam Responsio (1523)
  • Processus consistorialis Martyrii Io. Huss (1524)
  • Pandectarum Veteris et Novi Testamenti (1527)
  • Catalogi virorum illustrium veteris et novi testamenti (1527)
  • Catechesis puerorum in fide, in literis et in moribus (1529)
  • Herbarum vivae eicones, 3 Vol. (1530-36)
  • Catalogus illustrium medicorum seu de primis medicinae scriptoribus (1530)
  • Iatron medicamentorum simplicium (1533)
  • Contrafayt Kreüterbuch 2 Vol. (1532-1537)
  • Onomastikon medicinae, continens omnia nomina herbarum, fruticum etc. (1534)
  • Epitome medices, summam totius medicinae complectens (1540)
  • In Dioscoridis historiam plantarum certissima adaptatio (1543)

Honras

editar

Epónimos

editar
Xénero de plantas
  • (Solanaceae) Brunfelsia L. 1753.[1]
Especies
  • (Crassulaceae) Sedum brunfelsii Boreau 1866.[2]

Abreviaturas

editar

A abreviatura Brunfels emprégase para indicar a Otto Brunfels como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

  1. Linné, Karl von, Species Plantarum, 1: 191. 1 de maio de 1753.
  2. Boreau, Alexande, Mém. Soc. Acad. Maine Loire, XX, 1866, 121.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Isely, D. (1993): One hundred and one botanists. Iowa State University Press.
  • Jahn, I. (ed.) (2004): Geschichte der Biologie. Theorien, Methoden, Institutionen, Kurzbiografien. Spektrum Akademischer Verlag, 3ª ed. ISBN 3-937872-01-9
  • Mägdefrau, K. (1992) Geschichte der Botanik. Leben und Leistung grosser Forscher Spektrum Akademischer Verlag, 2ª ed. ISBN 3-8274-0733-8
  • Roth, F. W. E. (1990): "Otto Brunfels 1489-1534. Ein deutscher Botaniker" in: Botanische Zeitung, 58 páxs. 191-232
  • Weigelt, S. Otto Brunfels. Seine Wirksamkeit in der frühbürgerlichen Revolution unter besonderer Berücksichtigung seiner Flugschrift "Vom pfaffenzehnten". Dtuttgart: Akademischer Verlag. ISBN 3-88099-157-X

Ligazóns externas

editar