Nicias
Nicias (470 a.C. - 413 a.C.) foi un político e estratego ateniense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V a. C. Atenas, Grecia |
Morte | 413 a. C. Siracusa, Italia |
Causa da morte | homicidio |
Estratego | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Carreira militar | |
Rango militar | estratego |
Conflito | Battle of Assinaros river (en) |
Familia | |
Fillos | Niceratus |
Irmáns | Eucrates |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Vidas paralelas Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Seu pai era un home rico, e el investiu parte da fortuna herdada nas minas de prata do monte Laurión. Nicias encabezou aos demócratas moderados en Atenas, fronte aos radicais de Cleonte, sucedendo a Pericles á morte deste en 429 a.C. De seguido asinou a paz con Esparta (Paz de Nicias) no 421 a.C., que puña fin de feito á Guerra do Peloponeso.
No ano 415 a.C. xunto con Lámaco e Alcibíades, conduciu a expedición militar ateniense a Sicilia, en resposta a unha petición de axuda dalgunhas cidades sicilianas acosadas por Siracusa. Despois de pedir reforzos á metrópole, a expedición acabou nun completo desastre no 413 a.C., perdendo Nicias a propia vida.