Narcos (novela)
Narcos é unha novela de Carlos González Reigosa, publicada en 2001. É a cuarta entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde. No ano 2002 acadou o Premio Benito Soto á mellor novela do ano.
Narcos | |
---|---|
Autor/a | Carlos González Reigosa |
Cuberta | Antón Lamazares |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela policíaca |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | Marzo 2001 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 352 |
ISBN | ISBN 978-84-8302-629-5 |
Precedido por | A guerra do tabaco |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarLogo de que dous dos xefes dos clans do contrabando fosen encarcerados tres anos antes, apareceron na ría de Arousa novos grupos dedicados ó tráfico de cocaína e heroína. Amais dos grupos do vello Eustaquio Lamote, Don Plácido (en mans do seu avogado e xenro Lito Ferro) e os novos de Roque Caruncho e dos irmáns Pablo e Vicente Mingallos, apareceu un novo clan liderado por Belarmino Castaño.
Marion Cendán Couto é un empresario vigués ao que lle morreu unha filla por culpa da droga. Contacta co xornalista Carlos Conde para pedirlle que lle amargue a vida aos narcotraficantes galegos, e este pono en contacto co detective Nivardo Castro.
Pola súa banda, o xuíz Rafael García Salas coordina unha operación para desarticular a trama de tráfico de drogas, e dálle información a Carlos Conde porque sabe que a súa axuda pode ser útil. Este, acompañado do detective e da fotógrafa María Candea, descobre que vai haber unha descarga de forma inminente.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na páxina web da editorial.
- Narcos (en castelán) en Google Books.