Napalm Death
Napalm Death é unha banda de grindcore inglesa formada en Birmingham en 1981. O grupo esta composto polo vocalista Mark "Barney" Greenway, o baixista Shane Embury, o guitarrista Mitch Harris e o batería Danny Herrera.
Napalm Death | |
---|---|
Orixe | Birmingham, Inglaterra |
Período | 1981 - presente |
Xénero(s) | grindcore, death metal, crust punk, hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Century Media, Spitfire, Earache |
Membros | Mark "Barney" Greenway Shane Embury Mitch Harris Danny Herrera |
Na rede | |
http://www.napalmdeath.org/ | |
Considérase a Napalm Death unha das bandas que definiron o xénero grindcore ao incorporar elementos do hardcore punk e o death metal, cancións curtas, tempos rápidos, profundas voces guturais e letras sociopolíticas. O seu álbum de estrea, Scum, lanzouse no ano 1987 polo selo Earache Records, e foi moi influente na comunidade internacional do metal.
Napalm Death editou catorce álbums de estudio e está listado por Nielsen SoundScan como a 17 banda de death metal con máis vendas nos Estados Unidos.
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Scum | 1987 | Earache Records |
From Enslavement to Obliteration | 1988 | Earache Records |
Harmony Corruption | 1990 | Combat/Earache |
Utopia Banished | 1992 | Relativity/Earache |
Fear, Emptiness, Despair | 1994 | Earache/Columbia |
Diatribes | 1996 | Earache Records |
Inside the Torn Apart | 1997 | Earache Records |
Words from the Exit Wound | 1998 | Earache Records |
Enemy of the Music Business | 2000 | Spitfire Records |
Order of the Leech | 2002 | Spitfire Records |
Leaders Not Followers: Part 2 | 2004 | Century Media |
The Code Is Red...Long Live the Code | 2005 | Century Media |
Smear Campaign | 2006 | Century Media |
Time Waits for No Slave | 2009 | Century Media |
Utilitarian | 2012 | Century Media |
Apex Predator - Easy Meat | 2015 | Century Media |
Throes of Joy in the Jaws of Defeatism | 2020 | Century Media |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Napalm Death |