Nadia Calviño
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968,[1] é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España.[2] En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.[3] É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
Traxectoria
editarFormación
editarNadia Calviño licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid en 1991, e en Dereito pola UNED, en 2001.
Etapas e España
editarCalviño foi entre 1989 e 1997 consultora económica en dous despachos de avogados de Madrid e, entre 1991 e 1994 foi profesora asociada de Política Económica e do Sistema Financeiro español na Universidade Complutense.[4]
A titular de Economía, que é Técnica comercial e Economista do Estado (actualmente en excedencia), traballou durante dez anos no ámbito da administración pública, no Ministerio de Economía e Facenda, onde desempeñou numerosos cargos. Entre 1994 e 1996 foi xefa de servizo na Dirección de Análises do Traballo de Mercado e Prezos na Dirección Xeral de Previsión e Coxuntura e, en 1998, subdirectora de Análises Macroeconómicos e Previsións na Dirección Xeral de Política Económica e Defensa da Competencia. Entre 1999 e 2000 foi xefa do Gabinete do director xeral de Política Comercial e Investimento Estranxeiro da Secretaría de Estado de Comercio e Turismo.[4]
Entre maio de 2004 e agosto de 2006, durante o mandato de Pedro Solbes, foi nomeada directora xeral de Defensa da Competencia.[4]
Etapa na Unión Europea
editarNo ano 2006 pasou a traballar na Comisión Europea. En Bruxelas foi subdirectora de Competencia (DG COMP) desde setembro de 2006 a outubro de 2010, cargo que deixou para ocupar até abril de 2014 o cargo de subdirectora de Mercado Interior (DG MARKT).[4]
A principios de abril de 2014 foi nomeada directora xeral de Orzamentos.[5][6]
Ministra de Economía no goberno de Pedro Sánchez
editarEn 2018 foi elixida ministra de Economía por Pedro Sánchez, despois da moción de censura que o PSOE presentou contra o goberno de Mariano Rajoy e que foi aprobada polo Congreso dos Deputados o 1 de xuño de 2018.[7]
O 7 de xuño foi nomeada ministra de Economía e Empresa,[8][9] tomando posesión do cargo o día seguinte.
Na súa toma de posesión como ministra mostrou o seu agradecemento aos seus predecesores e mentores. Dos socialistas —Pedro Solbes, Joaquín Almunia e David Vegara— dixo que sen eles non podería ter chegado a Europa. E do ministro saínte, Román Escolano, recordou que non só fora o seu preparador das oposicións, senón que era tamén «un amigo», destacando que tomara unha decisión «moi difícil» ao aceptar substituír a Luis de Guindos, «pero que fora moi valente, e con iso amosou o seu compromiso con España, polo que todos debemos de estarlle agradecidos».[2]
En xaneiro de 2020, no goberno de coalición entre o PSOE e Unidas-Podemos, continuou de ministra e ademais foi nomeada Vicepresidenta Terceira,[10] tomando posesión o 13 do mesmo mes[11] como Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Despois das eleccións xerais de 2023, nas que volveu repetir como presidente de goberno Pedro Sánchez, ela tamén repetiu como ministra de Asuntos Económicos.
O 8 de decembro de 2023, foi elixida como a vindeira presidenta no Banco Europeo de Investimento (BEI),[12] polo que tivo que deixar o goberno o día 29 no que se nomeou como substituto a Carlos Cuerpo,[13] e comezou o seu mandato o 1 de xaneiro de 2024.
Publicacións
editarArtigos en obras colectivas
editar- "Concepto, evolución y nuevos desafíos para el mercado único". En: Tratado de derecho y políticas de la Unión Europea. Coord. por José María Beneyto Pérez, Jerónimo Maillo González-Orús, Belén Becerril Atienza, Vol. 6, 2013 (Mercado Único Europeo y Unión Económica y Monetaria), ISBN 978-84-9903-940-4, pp. 31–72.
- "La regulación de los mercados y la competencia". En: La regulación de los mercados [Recurso electrónico]: telecomunicaciones, energía y valores, 2009, ISBN 978-84-7787-114-9, pp. 25–38.
- "La aplicación práctica del derecho de la competencia: el efecto disuasorio de las sanciones". En: 1989-2007 una reflexión sobre la política de defensa de la competencia. Madrid: Círculo de Empresarios, 2008, ISSN 1133-1771, pp. 23–52.
Artigos en revistas
editar- "Los costes del despido en España" (Con José Ramón Lorente Hurtado). Economistas, ISSN 0212-4386, Año Nº 14, Nº 69, 1996, pp. 325–335.
- "Algunas reflexiones para el debate sobre el tratamiento de las eficiencias en el análisis de las concentraciones empresariales". Anuario de la competencia, Nº 1, 2002, pp. 67–92.
- "El Reglamento 139/2004: novedades sustantivas en el sistema comunitario de control de concentraciones". Anuario de la competencia, Nº 1, 2003, pp. 57–88.
- "La reforma del sistema español de defensa de la competencia: refuerzo de los instrumentos para luchar contra las conductas más lesivas". Anuario de la competencia, Nº 1, 2005, pp. 63–83.
- "El proceso de modernización de la política de competencia en España". Gaceta jurídica de la Unión Europea y de la competencia, ISSN 1575-2054, Nº 241, 2006, pp. 5-12.
- "Regulación y competencia en telecomunicaciones: los retos derivados del nuevo marco normativo". Información Comercial Española, ICE: Revista de economía, ISSN 0019-977X, Nº 832, 2006, pp. 59-74.
- "La respuesta de la Comisión Europea ante la crisis económica: El papel de la política de la competencia". Civitas. Revista española de derecho europeo, ISSN 1579-6302, Nº. 36, 2010, pp. 479-484.
- "Reforma de la regulación financiera europea: retos futuros". Información Comercial Española, ICE: Revista de economía, ISSN 0019-977X, Nº 874, 2013, pp. 65–80.
Vida privada
editarÉ filla de José María Calviño, que foi director xeral do ente público Radio Televisión Española entre 1982 e 1986.[4]
Fala 4 linguas: castelán, inglés, francés e alemán. Segundo comentou nunha recente entrevista na TVG o galego é a súa materia pendente.[14]
É nai de catro fillos. Entre as súas afeccións están o cinema dos anos 50 e a cociña.[9]
Notas
editar- ↑ Redacción (14 de marzo de 1986). "Denuncian el voto de unha hija de Calviño menor de edad" (es). abc.es. p. 29. Consultado o 2024-01-02.
- ↑ 2,0 2,1 Balseiro, Ana (2018-06-07). "La gallega Nadia Calviño agradece la labor de todos sus predecesores en la toma de posesión de Economía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-02.
- ↑ "Noticias. Prensa - Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital (es)". www.mineco.gob.es (en castelán). Consultado o 2020-01-14.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Redacción (2018-06-05). "Nadia Calviño será la nueva ministra de Economía". europapress.es (en castelán). Consultado o 2024-01-02.
- ↑ Redacción (2014-04-03). "La Comisión Europea elige a una gallega como directora general de Presupuesto". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2024-01-02.
- ↑ Sanhermelando, Juan (28 de marzo de 2018). "Nadia Calviño: "La Comisión Europea no quiere recortes drásticos en los fondos regionales"". El Español. Consultado o 7 de xuño de 2018.
- ↑ Redacción. "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Real Decreto 357/2018, de 6 de junio, por el que se nombran Ministros del Gobierno.". BOE. 7 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 07 de xuño de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 Abellán, Lucía; Claudi, Pérez (06-05-2018). "Nadia Calviño: de Bruselas a Madrid para ser la nueva ministra de Economía". El País. Consultado o 06-05-2018.
- ↑ "boe, 2020/01/13" (PDF). boe. Consultado o 13/01/2020.
- ↑ Miguel, Bernardo de (2020-01-10). "Nadia Calviño, la llave maestra de Bruselas y los mercados". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-13.
- ↑ Redacción/Axencias (8 de decembro de 2023). "Nadia Calviño presidirá el Banco Europeo de Inversiones". rtve.es (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ De Antonio, Javier (29 de decembro de 2023). "Sánchez da las riendas del Ministerio de Economía a un perfil técnico, Carlos Cuerpo". larazon.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Entrevista a Nadia Calviño no programa 'Área Pública' (24/03/2017) | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 07-06-2018-06-07.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nadia Calviño |
Ligazóns externas
editar- Curriculum (en inglés).
- Madrid. Diálogo Ciudadano con Nadia Calviño Comisión Europea. España (en castelán).
- Entrevista a Nadia Calviño no programa 'Área Pública' da TVG. (24-03-2017).
Predecesor: Román Escolano |
Ministro de Economía de España 2018 - 2023 |
Sucesor: Carlos Cuerpo |