Muumipeikko ja pyrstötähti (ballet)

Muumipeikko ja pyrstötähti (traducible ao galego como Moomin e o Cometa) é un ballet do compositor finlandés Panu Aaltio e coregrafía de Anandah Kononen. Está baseado na historia homónima escrita por Tove Jansson e publicada en 1946. A súa estrea tivo lugar na Ópera Nacional de Finlandia na primavera de 2015, con varias representacións en marzo no Almi Hall da Ópera de Finlandia e dúas representacións máis no auditorio principal.[1]

Muumipeikko ja pyrstötähti
Moomin e o Cometa
Bonecos dos Moomin dos anos 1950.
FormaBallet clásico
Baseado enKometjakten, de Tove Jansson
Teatro da estreaÓpera Nacional de Finlandia
Lugar da estreaHelsinqui, Finlandia
CompañíaBallet Nacional de Finlandia
Música
CompositorPanu Aaltio
CoreógrafoAnandah Kononen

Historia

editar

Muumipeikko ja pyrstötähti foi estreada na Ópera Nacional de Finlandia na primavera de 2015, recibindo unha boa acollida na súa primeira tempada, tendo que realizar representacións adicionais nas que se venderon todas as entradas.[2]

En 2017, a Ópera Nacional de Finlandia volveu programar o ballet sobre a historia de Tove Jansson como parte do seu programa para o centenario da independencia de Finlandia.[2]

Personaxes

editar
Personaxe Intérpretes
Mumintrollet Jani Talo / Florian Modan
O Cometa Mai Komori / Daria Makhateli
Sniff Ilja Bolotov / Asla Jääskeläinen
Snusmumriken Stanislav Beljajevski / Evaldas Bielinis
Snorkfröken Tiina Myllymäki / Maria Baranova
Muminmamman Riina-Kaisa Huovila / Riina Laurila
Muminpappan Wilfried Jacobs / Sergei Popov
Lagarto Petia Ilieva / Eun-Ji Ha

Argumento

editar

Unha forte choiva cae en Mumindalen que torna o ambiente gris. Mumintrollet e Sniff diríxense ao observatorio para descubrir que é o que está a causar eses fonómenos naturais, cando se encontran con Snusmumriken, quen lles fala do cometa. Os tres viven moitas aventuras e coñecen a novos amigos. Snusmumriken fálalle a Mumintrollet de Snorkfröken e este soña con ela.[3]

Cando chegan ao observatorio ven que o cometa colisionará contra a Terra en poucos días e deciden regresar a Mumindalen, logo de atopar a Snorkfröken, que foi atrapada por unha planta. Mumintrollet rescátaa e pídelle que vaia con el a Mumindalen. Os viaxeiros son invitados a un baile, mais descobren que todos os cursos de auga secaron e que as langostas están a comer todo ao seu paso.[3]

De volta en Mumindalen, a familia agóchase do cometa nunha cova. Logo de que o cometa pase sen chegar a tocar a Terra por pouco, a auga volta ao mar.[3]

  1. "Comet in Moominland ballet" (en inglés). moomin.com. 18 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Ballet ´Moomin and the Comet´ returns to the Finnish National Opera in 2017" (en inglés). moomin.com. 10 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Moomin and the Comet". Ópera Nacional de Finlandia. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar