Museokeskus Vapriikki
O Museokeskus Vapriikki ou simplemente Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki) é un grupo de museos que operan nas instalacións da antiga fábrica de Tampella, no barrio homónimo á beira do Tammerkoski, en Tampere, Finlandia. O centro abriu as súas portas ao público en 1996.[2]
Centro Museístico Vapriikki Museokeskus Vapriikki | |
---|---|
Entrada de Vapriikki | |
Coordenadas | 61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028 |
País | Finlandia |
Cidade | Tampere |
Tipo | Centro museístico |
Administrador | Cidade de Tampere |
Inauguración | 1996 |
Visitantes | 149 065 (2020)[1] |
Na rede | |
http://vapriikki.fi/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vapriikki toma o seu nome da palabra sueca para fábrica, fabrik.[3] Está situado no antigo taller da fábrica de Tampella, cuxas partes máis antigas se construíron na década de 1880. A metade dos aproximadamente 14 000 metros cadrados de Vapriikki están reservados para exposicións e espazos públicos, mentres que o resto son empregados para outras actividades do Centro, como investigación e traballos arqueolóxicos.[2]
Vapriikki foi elixido como o "Museo do Século" na Gala de Cultura do Século o 18 de outubro de 2017, que foi parte do programa do centenario de Finlandia.[4]
Museos
editarO Centro está integrado polo Museo do Correo (Postimuseo), o Museo de Historia Natural de Tampere (Tampereen luonnontieteellinen museo), o Museo de Minerais (Kivimuseo), Museo finlandés do hóckey sobre xeo (Suomen Jääkiekkomuseo), Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación (Mediamuseo Rupriikki), o Museo Finlandés dos Xogos (Suomen pelimuseo) e a exposición permanente Finlayson 200.[5]
No Centro tamén operaron con anterioridade o Museo de Arte Contemporánea de Tampere (Tampereen nykytaiteen museo), o Museo do Calzado (Kenkämuseo) e o Museo de Bonecas (Nukkemuseo).[6][7][8] Tamén acolle exposicións temporais, algunhas delas internacionais.
Exposicións temporais
editar- Artigo principal: Exposicións temporais de Vapriikki.
Notas
editar- ↑ Mäkinen, Petteri (4 de xaneiro de 2021). "Museokeskus Vapriikki pääsi neljän kuukauden sulusta huolimatta komeaan kävijämäärään – Vuosi toi kaikkien aikojen suosituimman erikoisnäyttelyn". Tamperelainen (en finés). Consultado o 19 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Monipuolinen museokeskus" (en finés). Tampere: Museokeskus Vapriikki. Consultado o 19 de febreiro de 2021.
- ↑ [Louhenjoki-Schulman, Pirkko-Liisa & Hedenström, Kaius Suomen kulttuurinähtävyydet]
|url=
incorrecto (Axuda) (en finés). Helsinqui: Otava. 2003. p. 145. ISBN 951-1-12979-1. - ↑ "MUSEOKESKUS VAPRIIKKI ON VUOSISADAN MUSEO" (en finés). Asociación de Museos Finlandeses. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "In which you can enjoy, learn and have fun" (en inglés). Museokeskus Vapriikki. Consultado o 19 de febreiro de 2021.
- ↑ "Nykytaiteen museo" (en finés). Museo de Arte de Tampere. 25 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 19 de febreiro de 2021.
- ↑ "Kenkämuseon näyttely Vapriikissa päättyy" (en finés). Museokeskus Vapriikki. 4 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2021.
- ↑ "Museokeskus Vapriikki kokosi lelunäyttelyn". Turun Sanomat (en finés). 10 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museokeskus Vapriikki |