Muniadona Díaz

Condesa de Portugal


Muniadona Díaz, ou Mumadona Dias (morta en 968), foi unha nobre galega e condesa do Condado portucalense, que gobernou o condado conxuntamente co seu marido, Hermenexildo González, cara ao 920 e logo pola súa conta, despois da morte do seu marido, arredor do 950 ata a súa morte en 968. Celebrada, rica e a muller máis poderosa do noroeste da Península Ibérica, foi conmemorada por varias cidades portuguesas.

Modelo:BiografíaMuniadona Díaz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Mumadona Dias
(es) Muniadona Díaz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor en Wikidata
Morte968 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Guimarães, Portugal Editar o valor en Wikidata
Condesa de Portucale
943 – 950
← Hermenexildo GundisalvizGonzalo Menendiz → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondesa de Portucale Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHermenexildo Gundisalviz Editar o valor en Wikidata
FillosGonzalo Menendiz Editar o valor en Wikidata
PaisDiego Fredenandiz Editar o valor en Wikidata  e Dona Oneca de Porto Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Díaz-231

Traxectoria

editar

Era unha das tres fillas do conde Diego Fredenandiz e da condesa Onega que foran titores do futuro rei Ramiro II. A súa nai Onega puido ser membro da casa real de Pamplona pola orixe vasco-navarra do seu nome e o do seu fillo Ximeno e outros descendentes.[1] Tense proposto que podería ser a filla de Leodegundia, unha probable filla do rei Ordoño I, casada cun infante ou un membro da aristocracia do Reino de Pamplona.[2][3] En 928, ela aparece no Mosteiro de Lorvão cos seus catro fillos, todos mencionados, Munia, Leodegundia, Ximeno e Muniadona facendo unha doazón pola alma de Veremudo dive memorie, referíndose ao infante Bermudo Ordóñez, fillo de Ordoño I, que sería irmán de Leodegundia, e polo tanto, tío de Onega.[3][4] Esta carta foi confirmada tamén por Hermenexildo, marido de Muniadona, e por Rodrigo Tedoniz, que probablemente estaba casado coa filla de Onega, Leodegundia.

Entre 915 e 920 e, con toda seguridade, polo 926, casou co conde Hermenexildo González, o ano no que aparecen xuntos por primeira vez cando o rei Ramiro II cedeu á parella a vila de Creximir preto de Guimarães.[4][5][6]

Hermenexildo morreu entre 943 e 950, e Muniadona gobernou o condado en solitario despois da morte do seu marido. Ela deixou o condado en propiedade de innumerables dominios, nunha zona que coincidía razoablemente con zonas que integrarían os condados posteriores de Portugal e de Coímbra.

 
Castelo de Guimarães, construído por Muniadona.

Eses dominios foron divididos en xullo de 950 entre os seus seis fillos, dándolle a Gonzalo Menendiz o condado de Portugal. No 950 ou 951, con inspiración divina, fundou, na súa propiedade de Vimaranes, un mosteiro baixo a advocación de San Mamede (Mosteiro de São Mamede ou Mosteiro de Guimarães). Máis tarde ela profesou alí os seus votos. Para protexer este mosteiro e os seus pobos das incursións viquingas, iniciou a construción do Castelo de Guimarães, á sombra do cal se desenvolveu o burgo de Guimarães, e debido ás constantes incursións, en 968 cedeu este castelo ao mosteiro para a súa protección. Finalmente esta converteuse na sede da corte dos condes de Portugal.

O documento testamentario[7] no que Muniadona ex regio sanguine orta[4] (de sangue real, quizais a descendencia do Reino de Pamplona), fai unha doazón ao Mosteiro de Guimarães dos seus dominios, gando, rendas, obxectos relixiosos e libros, no 26 de xaneiro de 959,[4][7] foi importante para comprobar a existencia naquela época de varios castelos e aldeas na comarca.

  1. Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita (1999). Linajes nobiliarios en León y Castilla (Siglos IX-XIII). Valladolid: Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura. ISBN 84-7846-781-5. OCLC 45065024. 
  2. Cardozo, Mário (1962). "Sería Mumadona tia de Ramiro II, Rei de Leão?" (PDF). Revista de Guimarães. Archived from the original on 23 de setembro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo: notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". Hispania: revista española de Historia. OCLC 682814356. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Herculano, Alexandre (1868). "Portugaliae Monumenta Historica: Diplomata et chartae". Academia de Ciencias de Lisboa. OCLC 504624362. 
  5. García Álvarez, Manuel Rubén (1960). "¿La Reina Velasquita, nieta de Muniadomna Díaz?" (PDF). Revista de Guimarães. Archived from the original on 06 de outubro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2023. 
  6. Mattoso, José (1981). "As famílias condais portucalenses dos séculos X e XII". Editorial Estampa. OCLC 8242615. 
  7. 7,0 7,1 Cardozo, Mário (1967). "O Testamento de Mumadona, fundadora do Mosteiro e Castelo de Guimarães na segunda metade do século X" (PDF). Revista de Guimarães. Sociedade Martins Sarmento.