Moscardo (filosofía)

Un tabán social ou moscardo social é unha persoa que interfire co statu quo dunha sociedade ou comunidade suscitando preguntas novidosas e potencialmente molestas, xeralmente dirixidas ás autoridades. O termo está orixinalmente asociado co filósofo grego Sócrates, na súa defensa cando foi xulgado pola súa vida.

Historia

editar

Sócrates

editar

O termo "tabán" ou "moscardo"[1] (en grego: μύωψ,[2] mýops [3]) foi usado por Platón na Apoloxía[4] para describir a Sócrates actuando como un aguillón incómodo para a escena política ateniense, como un esporón ou unha mosca que pica espertando un cabalo lento.

Durante a súa defensa cando foi xulgado pola súa vida, Sócrates, segundo os escritos de Platón, sinalou que a disidencia, como o moscardo, era fácil de esmagar, pero o custo para a sociedade de silenciar ás persoas que eran irritantes podería ser moi elevado:

"Se matan un home coma min, faranse máis dano a vostedes mesmos do que a min”

De aí provén o alcume de Sócrates como "moscardo de Atenas".[5]

Idade moderna e contemporánea

editar

William Shakespeare usa a metáfora do moscardo (en inglés "gadfly") en The tragedy of Antony and Cleopatra, Hamlet e O rei Lear.[6][7]

A finais do século XIX, en 1897, Ethel Voynich publicou a novela The Gadfly sobre as loitas do axente revolucionario A. Burton na Italia do Risorgimento. A obra tornouse moi popular na Unión Soviética, sendo considerada ideoloxicamente útil.[8] En 1955, o realizador soviético Aleksandr Fajntsimmer adaptou a novela para un filme homónimo (Ovod, en ruso). O compositor Dmitrii Shostakovich, quen tamén compuxo temas sobre as obras de Shakespeare, escribiu a banda sonora.[9]

Na política moderna, un tabán ou moscardo é alguén que desafía persistentemente ás persoas en posicións de poder, o statu quo ou unha posición popular.[10] Por exemplo, Morris Kline escribiu:

"Hai unha función para o moscardo que suscita preguntas que moitos especialistas quererían ignorar. A polémica é saudable." [11]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega; moscardo. Consultado o 2022-07-29. 
  2. Véxase "Gadfly or Spur? The Meaning of ΜΎΩΨ in Plato’s Apology of Socrates".  (en inglés)
  3. Véxase "commentary for book 3, line 277, out of George W. Mooney's Commentary on Apollonius: Argonautica".  (en inglés)
  4. "Plato, Apology, section 30e". www.perseus.tufts.edu. Consultado o 2022-07-29. 
  5. "Inteligência artificial: o 'garfo de Copenhague' e o 'moscardo de Atenas'". JOTA Info (en portugués). 2020-03-29. Consultado o 2022-07-29. 
  6. Shakespeare, William (1847). Shakespeare's Plays: With His Life (en inglés). Harper & Brothers. 
  7. "Shakespearean Entomology". nzetc.victoria.ac.nz. Consultado o 2022-07-29. 
  8. People's Daily Online, ed. (2005). "Chinese-interpreted The Gadfly" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  9. "Shostakovich, D.: Hamlet Suite / The Gadfly Suite - C10298". www.naxos.com. Consultado o 2022-07-29. 
  10. "Publix uses law to boot gadfly". 2007-08-08. Consultado o 2008-06-22. 
  11. Why the Professor Can't Teach (1977), páx. 238

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar