Monterrei
Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O xentilicio é monterreiés[1] ou montederrense.[2].
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Monterrei | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.424 (2023) (20,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 118,8 km² | ||||
Altitude | 521 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Luís Suárez Martínez (2015–) | ||||
Eleccións municipais en Monterrei | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32050 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Monterrey (1999–) | ||||
Sitio web | monterrei.es | ||||
Xeografía
editarO concello, situado na comarca de Verín, ten unha superficie de 119 km². Limita ao norte con Laza e Castrelo do Val, ao sur con Portugal, ao leste con Verín e ao oeste con Oímbra. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda (1.091 m), nos montes de Meda.
Demografía
editarO concello viviu o seu maior esplendor demográfico na década de 1940. A partir dese momento comezou unha grande emigración, en tres fases: cara a América, cara a Europa, e cara ás zonas industrializadas de España. Isto levou ao concello á perda de case a metade da poboación, principalmente na década de 1960. Albarellos e Vilaza son as parroquias máis poboadas.
Censo total (habitantes) | 2809 (2014) |
Menores de 15 anos | 155 (5,52 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1487 (52,94 %) |
Maiores de 65 anos | 1167 (41,54 %) |
Evolución da poboación de Monterrei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.233 | 5.156 | 6.108 | 5.005 | 3.187 | 3.036 | 2.973 | 2.924 | 2.875 | 2.809 | 2.758 | 2.713 | 2.655 | 2.602 | 2.529 | 2.520 | 2.501 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Monterrei na literatura popular
editar- De ise outro lado do río/ ouvín cantar e chorei,/ eran os estudeantes/ que ían pra Monterrei [3].
- Do outro lado do río/ ouvín cantar e chorei:/ eran os meus amoriños/ que ían pra Monterrei [4].
- Do outro lado do río/ ouviuse cantar un rei:/ era un estudiantiño/ que ía pra Monterrei [5].
- Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [6].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Monterrei.
-
Castelo de Monterrei
-
Bandeira de Monterrei, Ourense.[7]
Parroquias
editarLugares de Monterrei
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterrei vexa: Lugares de Monterrei.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 52. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 68. No orixinal: choréi. Os xesuítas tiveron en Monterrei unha escola de moita sona desde o século XVI.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: choréi.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72)
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela seixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
- ↑ Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monterrei |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |