O monte Logan é o monte máis alto do Canadá e o segundo máis alto de Norteamérica despois do Denali. O monte recibe o seu nome por Sir William Edmond Logan, xeólogo canadense, fundador do Geological Survey of Canada (GSC). O monte Logan está situado na Reserva do Parque Nacional Kluane[1] no suroeste de Yukon, menos de 40 km ao norte da fronteira entre Yukon e Alasca. No monte sitúanse os glaciares Hubbard e Logan. Crese que o Logan é a montaña non volcánica de maior circunferencia da Terra.[2][3]
Debido á actividade tectónica de levantamento, o monte Logan aínda continúa a aumentar a súa altura.[4] Antes de 1992, a altura exacta do monte era descoñecida, e as medidas estaban entre 5959 e 6050 m. En maio de 1992, unha expedición da GSC subiu ao monte e fixou a altura en 5959 m empregando o GPS.[2][5]
As temperaturas no monte Logan e as súas proximidades son extremadamente baixas, chegando a -45 °C no inverno e tendo unha temperatura mediana no verán de -27 °C. O 26 de maio de 1991 rexistrouse unha temperatura non oficial de -77,5 °C.[6]
- Irving, R. L. G. (1940). Ten Great Mountains. Londres: J. M. Dent & Sons. [The climbing history up to 1939 of Mount Logan, Snowdon, Ben Nevis, Ushba, Everest, Nanga Parbat, Kanchenjunga, the Matterhorn, Aoraki / Mount Cook and Mont Blanc.]
- Roper, Steve; Steck, Allen (1979). Fifty Classic Climbs of North America. San Francisco: Sierra Club Books. pp. 179–182. ISBN 0-87156-292-8.
- Scott, Chic (2000). Pushing the Limits, The Story of Canadian Mountaineering. Calgary, Alberta, Canadá: Rocky Mountain Books. ISBN 0-921102-59-3. Consultado o 27 de decembro de 2013.
- Selters, Andy (2004). Ways to the Sky. Golden, CO, USA: American Alpine Club Press. ISBN 0-930410-83-1.
- Sherman, Paddy (1965). Cloud Walkers - Six Climbs on Major Canadian Peaks. Toronto: Macmillan of Canada. Lib Congress Cat# 65-25069.