Ministerio de Defensa (España)

(Redirección desde «Ministerio de Defensa de España»)

O Ministerio de Defensa de España é o departamento da Administración Xeral do Estado responsable da preparación, o desenvolvemento e a execución da política de defensa determinada polo Goberno de España, e de xestionar a Administración militar. Baixo a dirección do titular deste departamento atópanse as Forzas Armadas de España, coas súas tres compoñentes: o Exército de Terra, o de Aire e a Armada.

Delegación do Ministerio de Defensa en Pontevedra.

A ministra de Defensa é Margarita Robles.

Funcións

editar

Segundo a Constitución Española de 1978 o Rei é o comandante en Xefe de todos os exércitos e o que pode declarar a guerra e facer a paz previa autorización do Congreso dos deputados, sendo este acto debidamente referendado polo presidente do goberno; pero correspóndelle ao poder civil representado polo Ministro de Defensa determinar:

  • As políticas de defensa.
  • As grandes alianzas militares.
  • A condución da guerra.
  • A xestión das cantidades destinadas polos Orzamentos Xerais do Estado.

No Congreso dos Deputados o Ministro de Defensa séntase ao carón do vicepresidente do Goberno por ser considerado o herdeiro do ministerio español máis antigo.

Estrutura orgánica

editar
 
Sede principal do Ministerio de Defensa (Madrid).

Órganos superiores

editar

Os órganos superiores do Ministerio de Defensa de España, dependentes directamente do ministro son[1]:

Estrutura orgánica básica

editar

A estrutura orgánica básica[1]: é:

  • Ministra de Defensa: Margarita Robles
    • Gabinete Técnico do Ministro de Defensa
    • Órganos asesores e consultivos do Ministro de Defensa:
      • Consello Superior do Exército de Terra
      • Consello Superior da Armada
      • Consello Superior do Exército do Aire
      • Xuntas Superiores dos corpos comúns das Forzas Armadas
      • Consello de Dirección do Ministerio
    • Garda Civil: José Manuel Holgado Merino.
    • Secretaría de Estado de Defensa: Ángel Olivares
      • Dirección Xeral de Armamento e Material
      • Dirección Xeral de Infraestrutura
      • Dirección Xeral de Asuntos Económicos
    • Subsecretario de Defensa: Irene Domínguez-Alcahud
      • Secretaría Xeral Técnica
      • Dirección Xeral de Persoal
      • Dirección Xeral de Recrutamento e Ensino Militar
    • Secretaría Xeral de Política de Defensa (con rango de subsecretaría): Juan Francisco Martínez Núñez
      • Dirección Xeral de Política de Defensa
    • Forzas Armadas

Lista cronolóxica dos Ministros de Defensa de España

editar
  1. 1,0 1,1 Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).
  2. [1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar