Minisat 01 foi un satélite artificial do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial usado para facer diversos experimentos no espazo. Tratábase do primeiro lanzamento do Programa de Pequenos Satélites (Minisat), un programa espacial desenvolvido polo goberno español. Foi lanzado o 21 de abril de 1997 desde as Illas Canarias mediante un foguete Pegasus XL aerotransportado.[1][3]

Minisat 01
Parche da misión Minisat 01
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónInstituto Nacional de Técnica Aeroespacial[1]
Data de lanzamento21 de abril de 1997[2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[1][3]
Sitio de lanzamentoIllas Canarias[3][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][5]
Decaemento26 de febreiro de 2002[2]
NSSDC ID1997-018A
Masa200 kg[1][3][5]

Características

editar

Minisat 01 foi un satélite español adicado á experimentación no espazo que foi lanzado desde un foguete aerotransportado Pegasus XL xunto co satélite funerario Celestis. Foi inxectado nunha órbita inicial de 566 km de perixeo e 585 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 150,97 graos e un período orbital de 96,1969 minutos. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos de demostración de novas tecnoloxías.[1][3][4]

O satélite foi construído por Construcciones Aeronáuticas S.A. e estaba estabilizado nos tres eixos. Levaba catro paneis solares despregables capaces de proporcionar cada un ata 45 vatios de potencia. O sistema eléctrico da nave funcionaba con 28 voltios e necesitaba unha media de 60 vatios de potencia. A capacidade de almacenamento de datos interna era de 32 Mbytes e a transmisión con terra realizábase en banda S, cunha velocidade de ata 1 Mbps. Reentrou na atmosfera o 26 de febreiro de 2002.[1][2]

Experimentos

editar

Minisat 01 levaba tres experimentos a bordo:[1][3][5]

  • EURD : era un espectrógrafo construído en colaboración cos Estados Unidos para estudar a radiación de fondo na banda do ultravioleta extremo.
  • LEGRI: construído en colaboración co Reino Unido, estudou o radiación gamma de fontes astronómicas usando detectores de HgI2.
  • CPLM: foi un experimento para estudar o comportamento das pontes líquidas en condicións de microgravidade.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Minisat 01" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MINISAT 01" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (26 de agosto de 2014). "Minisat 01" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 9 October 1997 from the Permanent Mission of Spain to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-27372). 20 de outubro de 1997: 2. Consultado o 13 de febreiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "Minisat" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar