Mikhail Lérmontov

escritor, poeta e pintor ruso
(Redirección desde «Mikhail Lermontov»)


Mikhaíl Iúrevich Lérmontov[1] (en ruso Михаил Юрьевич Леормонтов), nado en Moscova o 15 de outubro de 1814 e finado o 27 de xullo de 1841, foi un escritor ruso da época romántica, chamado ás veces "o poeta do Cáucaso". Foi o poeta ruso máis importante desde a morte de Alexander Pushkin, ata a súa propia morte, catro anos despois, con só 26 anos de idade. Igual ca Pushkin, Lérmontov morreu nun duelo.

Modelo:BiografíaMikhail Lérmontov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Михаил Юрьевич Лермонтов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1814 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1841 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Piatigorsk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio
duelo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTarkhany (en) Traducir (1842 (Xuliano)–)
Piatigorsk (pt) Traducir (1841 (Xuliano)–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónNikolaevskaya Cavalry School (en) Traducir (1832 (Xuliano)–1834 (Xuliano))
Moscow university boarding school (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria e poesía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Moscova Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, oficial, escritor, prosista, dramaturgo, pintor, novelista, tradutor, duelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1828 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoVerso e poesia narrativa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literario—въ
Гр. Диарбекир
Ламвер
Lerma Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Rama militarHis Majesty's Hussar Life Guards Regiment (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarcornet (en) Traducir (1834 (Xuliano)–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaLermontov (en) Traducir e Learmonth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisYuri Petrovich Lermontov Editar o valor en Wikidata  e Mary Arsenyev Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:4, sec:Лермонтов, p.143-154)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0503581 BNE: XX999592 Musicbrainz: cafc0f55-f2ca-4314-aa33-989b339152b0 IMSLP: Category:Lermontov,_Mikhail Find a Grave: 12817836 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A causa da morte prematura de súa mai e da carreira militar e os problemas económicos do pai, foi a avoa, que non tiña boas relacións co xenro, a que se ocupou da educación de Lérmontov. Gastou canto foi necesario para darlle a mellor educación posible, pero os seus conflitos permanentes co pai do futuro escritor contribuíron posiblemente a desenvolve-lo carácter agresivo e túzaro do neno. A atmosfera intelectual da época era semellante á que vivira Pushkin aínda que a influencia inglesa comezaba a desprazar a francesa, e Lord Byron era xa tan ou máis popular en Rusia cós escritores franceses.

En Moscova, despois de pasar polo gymnasium, Lérmontov entrou na universidade en 1830, na cal pasou só dous anos, xa que se viu obrigado a pedi-la renuncia despois duns incidentes entre algúns alumnos e un profesor. Entre 1830 e 1834 foi á escola de oficiais da garda en San Petersburgo e despois foi asignado ao rexemento de húsares de Tsárskoe Seló. Dirixiu ao tsar Nicolao I un poema, "Smert' poeta" (A morte do poeta), no cal expresaba a súa cólera pola morte en duelo de Alexander Pushkin (en 1837) e reclamaba a vinganza de Rusia sobre o asasino do poeta.

No Cáucaso

editar

O tsar indignouse polo poema e Lérmontov foi enviado ao Cáucaso como oficial de dragóns. Alí pasara xa unha tempada á idade de dez anos e encontrouse a gusto deseguida. O temperamento áspero e duro dos montañeiros que tiña que combater casaba moi ben co de Lérmontov, así como a paisaxe de rochas e montañas. Lérmontov foi exiliado ao seu mundo ideal. No Cáucaso coñeceu os decembristas exiliados e a intelectuais xeorxianos rebeldes.

 
Lérmontov en 1841

Lérmontov visitou San Petersburgo en 1838 e 1839, e despois dun duelo con Ernest de Barante, fillo do embaixador francés, foi novamente enviado ao Cáucaso. En 1839 escribiu a novela Un heroe do noso tempo, que se di foi a causa do duelo con Nicolai Martinov en xullo de 1841 que lle custou a vida. O mesmo poeta escollera para a loita a beira dun precipicio para que o que fose ferido non tivese ocasión de salvarse.

En vida, Lérmontov publicou só unha pequena escolma de poemas en 1840. Tres volumes, fortemente mutilados pola censura, foron publicados en 1842 por Iliá Glazunóv e a edición completa das súas obras apareceu en 1860 e 1863. A tradución ao alemán dos seus poemas por Bodenstedt (Berlín, 1842, 2 volumes), deulle unha gran sona en Europa.

A súa novela Un heroe do noso tempo, protagonizada por Pechorin —prototipo de home superfluo— relata a traxedia de certa xuventude rusa da súa época, de ideas liberais e instruída, insatisfeita nunha sociedade inmutable e que tiña a súa vida por fútil. Esta obra creou as premisas do desenvolvemento da novela psicolóxica rusa.

Os seus poemas, ao inicio inspirados en Pushkin, tornaron axiña moi persoais tanto no estilo coma na temática.

  1. Na edición galega da novela Un heroe do noso tempo, traducida por Manoel Riveiro Loureiro, aparece transliterado como Mijaíl Iúrevich Liérmotof.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar