Miguel Anxo Fernández Lores

médico e político galego

Miguel Anxo Fernández Lores, nado en Vilalonga (Sanxenxo) o 7 de xuño de 1954, é un médico e político galego. Desde 1999 é alcalde de Pontevedra, polo Bloque Nacionalista Galego.

Modelo:BiografíaMiguel Anxo Fernández Lores

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Vilalonga, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Pontevedra
1999 –
← Juan Luis Pedrosa Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Facebook: LoresPontevedra Twitter: Lorespontevedra Instagram: lorespontevedra BUSC: fernandez-lores-miguel-anxo-1954 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Logo de estudar medicina na Universidade de Santiago de Compostela, fixo as prácticas no Hospital Provincial de Pontevedra. Logo exerceu como médico de cabeceira en Pol e Samos, onde estivo un ano de concelleiro. Finalmente foi trasladado ó Ambulatorio Virxe Peregrina de Pontevedra, onde traballou ata a súa elección como alcalde.

Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Pontevedra, como único representante do BNG. O grupo local da formación nacionalista foi ascendendo en número de concelleiros, ata lograr 10 nas eleccións municipais de 1999, o que lle permitiu gobernar en minoría. Converteuse así no primeiro alcalde dunha formación de esquerdas da cidade desde a Segunda República.

Tralas eleccións municipais de 2003, onde acadaron de novo 10 concelleiros, gobernou en coalición co Partido dos Socialistas de Galicia, acordo renovado tralas eleccións municipais de 2007, se ben só con 7 concelleiros.

Nas eleccións municipais de 2011 conseguiu 11 concelleiros, polo que seguiu gobernando, en coalición cos socialistas.

Nos comicios locais de 2015, Lores obtivo 12 concelleiros, fronte ós 7 do Partido Popular de Galicia, 3 do PSdeG, 2 da Marea Pontevedra e 1 de Cidadáns, polo que na lexislatura (2015-2019) gobernou en solitario.

Nas eleccións municipais de 2019, a súa candidatura obtivo 11 concelleiros fronte aos 9 conseguidos polo PP, 4 do PSdeG e 1 de Ciudadanos. Conformou goberno co PSdeG sumando 15 actas fronte ás 10 de PP+Cs. Marea Pontevedra quedou sen representación.

En xuño de 2022 anunciou a súa intención de recuncar como candidato do BNG a unhas novas eleccións municipais, cun proxecto a 8 o 10 anos porque "o que me motiva non é ver cousas que xa estean en marcha, senón emprender e rematar outras novas". Meses despois, en marzo de 2023 encheu o recinto feiral de Pontevedra con máis de 2000 persoas nunha cea para "celebrar Pontevedra" e continuou a súa campaña presentando a lista coa que competirá por conseguir un novo mandato nas eleccións municipais de 2023.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar