Metro de Sevilla
O Metro de Sevilla é unha rede de ferrocarril metropolitano lixeiro que opera na cidade andaluza de Sevilla, en España. A primeira liña foi inaugurada o 2 de abril de 2009, aínda que na data de inauguración só se puxo en funcionamento en torno ao 80 % do trazado con 17 das 22 estacións previstas, todas as restantes (salvo a estación de Guadaíra) estiveron operativas meses máis tarde, no outono dese mesmo ano. Actualmente é a quinta rede de metro de España en canto ao número de persoas transportadas e quilómetros explotados.
Metro de Sevilla | |||
---|---|---|---|
Interior da Estación de Cocheras. | |||
Información | |||
Dono | Xunta de Andalucía | ||
Cidade | Sevilla, España | ||
Tipo | Metro lixeiro | ||
Liñas | 1 | ||
Estacións | 22 | ||
Sitio web | metro-sevilla.es | ||
Operacións | |||
Inauguración | 2 de abril de 2009 | ||
Vel. máxima | 70 km/h | ||
|
A liña 1 conta cun total de 22 estacións repartidas por catro termos municipais do área metropolitana, a cuarta de España con máis de 1 500 000 habitantes. A tipoloxía desta primeira liña é subterránea polos núcleos urbanos polos que transcorre, e en viaduto ou en superficie con plataforma 100% segregada nas zonas non urbanizadas do exterior dos municipios.
A rede de Metro de Sevilla foi a sexta inaugurada en España, por detrás dos metros de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, e Palma de Mallorca. Á súa vez, foi o primeiro dos metropolitanos de Andalucía en prestar servizo, por diante das redes de Málaga e Granada.
Liñas
editarA táboa de abaixo describe cada unha das liñas do Metro de Sevilla. Emprégase a cor utilizada para a súa representación nos mapas. Dáse información da data de apertura da primeira sección de cada liña, lonxitude e o número de estacións das mesmas. As liñas 2, 3 e 4 aínda están en proxecto.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial do Metro de Sevilla (empresa concesionaria)[Ligazón morta] (en castelán)
- Sitio oficial do Metro de Sevilla Arquivado 13 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)