Metro de Santander
O proxecto do Metro de Santander atópase dentro do Plan de Mobilidade Sostible, foi presentado en novembro de 2006 e o seu período de desenvolvemento transcorrerá de 2007 a 2013. Este transporte unirá o centro da cidade con varios puntos da periferia e estará formado por metro e tranvía, contando en principio cunhas catro liñas. O futuro transporte metropolitano xa ten en funcionamento a liña 5: un funicular que salva o desnivel existente entre a rúa Río de la Pila e o campo de fútbol do Regimiento con paradas en Río de la Pila, rúa San Sebastián, Prado San Roque e Paseo do General Dávila. O funicular foi inaugurado o 11 de xullo de 2008 e o seu uso é gratuíto.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |