Margaret Court
Margaret Jean Court, tamén coñecida polo seu nome de casada, Margaret Smith Court, nada en Perth o 16 de xullo de 1942, é unha tenista australiana, considerada por algúns a mellor tenista de todos os tempos.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Margaret Smith 16 de xullo de 1942 (82 anos) Albury (Australia) | ||||||||||||||||
Residencia | Perth | ||||||||||||||||
Relixión | Pentecostalismo | ||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||
Peso | 67,5 kg | ||||||||||||||||
Lateralidade | destro manicho | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1968–1975) | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1960 - 1977 | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | sen valor | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Australia | ||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||
Man de xogo | destro e one-handed backhand (en) | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Reflections: Profiles of 150 Women who helped make Western Australian History (en) Great Women Athletes of the 20th Century (en) | ||||||||||||||||
En 1970, converteuse na primeira muller da era aberta que gañou os catro títulos individuais dos torneos do Grand Slam no mesmo ano. Court venceu un número récord de 24 títulos individuais de Grand Slam, máis que calquera outro tenista. En total gañou un récord de 62 títulos de Grand Slam, incluíndo 19 de dobres e outros 19 de dobres mixtos, tamén máis que ningún outro xogador na historia. Con todo, algunhas persoas lembran o feito de que a maioría dos seus once títulos no Aberto de Australia foron obtidos nunha época en que poucos tenistas de nivel mundial facían a longa viaxe ata Australia, e polo tanto a competición era máis feble que nos torneos de Wimbledon ou do US Open. O Salón da Fama Internacional do Tenis declarou "nunca houbo unha tenista capaz de igualala".[1] Court gañou 7 de cada 8 títulos de Grand Slam que disputou nun período de dous anos (entre 1969 e 1970), feito igualado só por Steffi Graf. Court tamén gañou 3 de cada 4 Slams en 1962 e en 1965. Ningún outro tenista gañou 3 ou máis abertos nun ano por catro veces.
A segunda pista principal do complexo do Australian Open en Melbourne foi nomeada Margareth Smith na súa homenaxe.
Ela, Doris Hart e Martina Navratilova son os únicos tenistas que obtiveron o chamado Boxed Set do tenis, é dicir, gañar o torneo individual, de dobres e de dobres mixtos nos catro torneos do Grand Slam[2]
Margaret Smith Court entrou no International Tennis Hall of Fame en 1979.[1]
Torneos de Grand Slam
editarCampioa individual (24)
editarFinalista individual (5)
editarAno | Campionato | Opoñente na final | Resultado |
1963 | Aberto dos Estados Unidos | Maria Esther Bueno | 7-5, 6-4 |
1964 | Wimbledon | Maria Esther Bueno | 6-4, 7-9, 6-3 |
1965 | Roland Garros | Lesley Turner Bowrey | 6-3, 6-4 |
1968 | Aberto de Australia | Billie Jean King | 6-1, 6-2 |
1971 | Wimbledon | Evonne Goolagong Cawley | 6-4, 6-1 |
Campioa de dobres (19)
editarFinais en dobres (14)
editarCampioa de dobres mixtos (19)
editarFinalista en dobres mixtos (4)
editarAno | Campionato | Parella | Opoñentes na final | Resultado |
1964 | Wimbledon | Ken Fletcher | Fred Stolle Lesley Turner Bowrey |
6-4, 6-4 |
1968 | Aberto de Australia | Alan Stone | Dick Crealy Billie Jean King |
abandono |
1971 | Wimbledon | Marty Riessen | Owen Davidson Billie Jean King |
3-6, 6-2, 15-13 |
1973 | Aberto dos Estados Unidos | Marty Riessen | Owen Davidson Billie Jean King |
6-3, 3-6, 7-6 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Membros do Salón da Fama - Margaret Court Smith". Salón da Fama Internacional do Tenis. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2007.
- ↑ "Margaret Court". Tennis.co.uk (en inglés).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margaret Court |
Ligazóns externas
editar- Margaret Court at the Australian Women's Register
- Court, Margaret Jean in The Encyclopedia of Women and Leadership in Twentieth-Century Australia